
III Circuito Galego Escolar
Maio-Novembro de 2008
Presentación | Bases | Torneo Base
Dando continuidade ó circuito escolar celebrado no ano 2007, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do III CIRCUITO GALEGO ESCOLAR 2008, nun intento de promocionar o xadrez nos rapaces mais xóvenes da sociedade galega aficionados ou non a este deporte.
Os torneos irían dirixidos a xogadores, non obrigatoriamente federados, nados no ano 1992 e posteriores que se encuadrarían en catro categorías:
- Cadetes (nados nos anos 1993-1992)
- Infantís (nados nos anos 1995-1994)
- Alevíns (nados nos anos 1997-1996)
- Benxamíns (nados nos anos 1998 e posteriores)Preténdese que os torneos sexan organizados por Clubes, Institucións, Organismos ou Empresas que teñan como unha das súas prioridades o fomento do deporte base, polo cal dende a organización impulsarase que os eventos promocionen mais a deportividade e a participación, que a competividade.
O Circuito desenrolaríase dende o mes de maio ata o mes de novembro, deixando finalizar a competición de liga e dando tempo a que se celebren a fases zonais dos galegos do ano seguinte.
Co gallo de diversificar o mais posible o achegamento do xadrez os escolares e facilitar a participación de aqueles que normalmente non seguen de preto este deporte, procurarase que se celebren torneos en tódalas provincias galegas.
Todos sabemos que neste tipo de torneos entre uns poucos xogadores acaparan os trofeos das distintas competicións, polo cal consideráse oportuno que, a parte dos premios da parte competitiva, dérase cabida a un apartado de agasallos por sorteo, que mantería a incertidumbre e o anhelo ata o final, premiando aleatoriamente a aqueles xóvenes que normalmente non gañan.
Considerando que estamos falando de rapaces que empezan nesta actividade e que todos queremos fomentar a súa continuidade no xadrez, tamén sería oportuno chegar a dar un agasallo participativo a todos aqueles que finalicen o torneo. Con pouca cousa pódese manter a ilusión.
Xa no apartado económico, búscase non gravar a economía dos clubes ou das familias, que xa bastante fan adicándose altruistamente a esta causa, polo cal sería exemplar que os eventos cubriran ós almorzos dos xogadores ou canto menos lle proporcionasen merenda e refrixerios. Hai moitas empresas que colaboran co deporte e outras que o están desexando e precisan un impulso.
Por mor de todo isto, elaborouse un “torneo base” que se debería intentar cumprir na maioría das súas pautas, inda que a organización sabedora das dificultades particulares de cada certamen será flexible na integración dos torneos no circuito galego. Trátase de que as competicións xa existentes nas diversas localidades se sumen ó circuito, asegurándose unha maior publicidade e a participación dos mellores xóvenes axedrecistas galegos.
BASES III CIRCUITO GALEGO ESCOLAR
Torneos:
Para ser aceptados deberanse cumprir maioritariamente as pautas marcadas pola Federación inda que tratarase de amoldar as características individuais de cada torneo xa consolidado.
Datas:
Non hai prazo para adherirse ó Cicuito, pero unha vez aprobada cada proposta terá preferencia sobre solicitudes posteriores, polo cal intentarase cadrar e repartir os torneos ó largo dos sete meses.
Premios:
A cargo de Federación Galega para os cinco primeiros de cada categoría e para a primeira muller. O campeón de cada categoría tería os gastos pagos por conta de Fegaxa no seguinte Campionato de España de Idades.
Puntos:
Os acadados en cada torneo (os torneos non finalizados contanse como non xogados). Nos torneos que se celebren máis de seis roldas farase unha ponderación dos puntos para conseguir a igualdade na importancia de cada evento. Puntos = 6 x puntos torneo número roldas
Desempates:
- Suma da totalidade dos puntos obtidos en cada torneo.
- Mais participacións en torneos.
- Mais primeiros postos, segundos, terceiros....
Descansos:
Según o número de torneos poderanse establecer un mínimo de participacións para a clasificación final do circuito ou contabilizar un número determinado de torneos.
Clausura:
Para celebrar o derradeiro torneo do Circuito deberase facer unha proposta conxunta que englobe a Gala do Xadrez. Esta xornada final pódese concebir como unha festa do xadrez, donde os rapaces teñan o seu torneo, os pais poidan asistir a conferencias, os monitores a algún seminario, facer un curso de árbitros, etc...
Web:
A páxina da Federación Galega de Xadrez dará cumprida información sobre a normativa do Circuito, as solicitudes de admisión, sobre as bases de cada torneo e os seus resultados, así como da clasificación xeral do III Circuito Galego de Xadrez Escolar.
Datas:
Preferentemente entre os meses de maio e novembro.
Días:
Os sábados, domingos ou festivos en xornada de mañán e tarde.
Horario:
Dúas roldas pola mañán e catro pola tarde.
Emprazamento:
Lugares de ocio ou diversión para os xóvenes, centros comerciais, complexos deportivos...
Sistema e Ritmo de Xogo:
Suizo a seis roldas con partidas de entre 20 ou 30 minutos por xogador. No caso de haber poucos participantes nalgunha categoría, podense unificar dúas, contabilizándose os puntos obtidos polos xogadores na súa respectiva.
Regulamento:
O que estableza cada organización.
Desempates:
Os que estableza cada organización
Categorías:
Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín referidas ó ano 2008.
Premios:
Mínimo 3 por categoría (Trofeos ou similar).
Agasallos:
Para cada xogador que finalice o torneo (Camisetas, Medallas, Recordos, Libros...).
Sorteo:
Entre todos os xogadores (Libros, Reloxios, Xogos, CDs, DVDs, Material Deportivo, MP3....).
Manutención:
A ser posible, a cargo da organización.
Solicitudes de admisión ao Circuito:
Dirixidas por correo á Federación Galega de Xadrez ou a por correo electrónico.
Aclaracións:
Federación Galega de Xadrez 986 23 79 45
Coordinador: Angel Vilas 657 55 30 11
Organiza:
Federación Galega de Xadrez