
Campionatos de España por Idades 2008
Sala Hotel SCALA de Padrón (A Coruña)
Convocatoria dos Campionatos de España Sub 10 a Sub 18
Organización:
Club de Xadrez Padrón e Federación Galega de Xadrez (www.fegaxa.org) , coa colaboración da Federación Española de Ajedrez.Datas:
Campionato sub-10 Sub-12 Sub-14 Sub-16 Sub-18Data de chegada 28-06 05-07 12-07 19-07 26-07Primeira rolda 29-06 06-07 13-07 20-07 27-07Derradeira rolda 04-07 11-07 18-07 25-07 02-08Data da saída 04-07 11-07 18-07 25-07 02-08Remate prazo inscrición 13-06-2008 20-06-2008 27-06-2008 04-07-2008 11-07-2008 Número de roldas:
Suizo a 9 roldas, dobrando roldas as xornadas 1ª, 3ª e 5ª. (2, 1, 2, 1, 2, 1). En sub-18 dobranse só a 1ª e a 3ª roldas. Este Campionato dura un día máis: (2, 1, 2, 1, 1, 1, 1).
Segundo número de inscritos poderá variarse o número de roldas, que en ningún caso será superior a nove.Horario: O horario de xogo comunicarase na sede do Campionato, o día anterior ao seu comezo.
Velocidade de xogo: 90 minutos máis 30 segundos de incremento por xogada, por xogador/a e para toda a partida
Local de Xogo: Sala do Hotel SCALA de Padrón (A Coruña)
Participación:
Terán dereito a participar, todos os xogadores/as, sempre que teñan licenza nacional (ou autonómica homologada pola FEDA) en vigor e que non houbesen cumprido respectivamente 10, 12, 14, 16 e 18 anos o 31-12-2007, os seguintes deportistas:
a) O campión de España 2007 da mesma categoría de idade. Se sobrepasara a idade, terá dereito a participar na categoría de idade superior. A FEDA farase cargo do seu aloxamento e da manutención.
b) Dous deportistas en representación de cada Federación Autonómica integrada na FEDA. O financiamento dos seus gastos de aloxamento e manutención será asumido pola FEDA sempre que así se indique nos respectivos acordos de colaboración suscritos para o presente ano.
c) Por outra parte, o Campionato terá carácter aberto, podendo participar os deportistas de ambos sexos, que cumpran os requisitos establecidos nos Regulamentos e na circular da FEDA (www.feda.org).
Regulamento de competicións FEDA : Campionatos Individuais por Idades.(paxinas 38, 39):
Artígo 129º: Os campionatos terán carácter aberto, podendo participar os xogadores de ambos sexos, con licenza FEDA en vigor, que non teñan cumpridos os anos que se indican a continuación da partícula “Sub” antes do primeiro de xaneiro do ano en que se celebra a competición e que participaran no seu correspondente campionato autonómico.
Artigo 130º: A FEDA resérvase un máximo de 10 prazas para xogadores que non participaran nos seus Campionatos Autonómicos. Para acceder a elas será necesaria unha das condicións seguintes:
• Formar parte das listas de xogadores de élite confeccionadas pola dirección técnica da FEDA e pubricadas a principios de cada ano.
• Ser proposto xustificadamente pola súa respectiva Federación Autonómica, que deberá presentar un historial de méritos deportivos do xogador, equivalentes aos do campión autonómico, que serán evaluados pola dirección técnica da FEDA.Artigo 133º: Será obrigatorio para todos os xogadores/as a anotación das xogadas de forma regulamentaria.
Inscricións :
Estabrécese un canon de inscrición de 42,- €.
As inscricions deberán formalizarse na FEDA, a través das Federaciones Autonómicas, dentro dos prazos indicados na táboa anterior. para que unha inscrición se considere firme debe terse pago , antes da data de remate da inscrición, o correspondente canon da inscrición, mediante transferencia á seguinte conta da FEDA:
IBERCAJA 2085-8024-95-0300025965
No documento de transferencia deberá indicarse, necesariamente, o nome e os duos apelidos do/a inscrito/a, siglas da Federación Autonómica á que pertence(n) (AND, ARA, AST, BAL, CAN, CAT, CEU, CTL, CTM, CNT, EUS, EXT, GAL, MAD, MEL, MUR, NAV, RIO, VAL) e o texto “S10”, "S12", “S14” “S16” o “S18”, segundo corresponda.
Enviar copia do documento da transferencia da inscrición á Federación Autonómica.
Condicións de aloxamento:
As persoas cuxo custo do aloxamento e manutención sexa asumido pola FEDA aloxaránse no Hotel SCALA, onde se celebra o Campionato.
A reserva das habitacións para estes xogadores/as deberá facerse na Federación Galega de Xadrez.
Teléfono: 986237945 (Raquel); Fax: 986237945.- E-mail : cepadron2008@hotmail.comVer o ANEXO 1 de esta circular para máis información
ANEXO 1: INFORMACIÓN E RESERVAS
1. Local de Xogo - Hotel Oficial do Campionato
Hotel Scala *** en Padrón (A Coruña). http://www.hscala.com
2. Reservas do Aloxamento no Hotel Oficial
INFORMACIÓN E RESERVAS : (Federación Galega de Xadrez) www.fegaxa.org
Teléfono: 986237945 (Raquel); Fax: 986237945.- E-mail : cepadron2008@hotmail.com3. Prezos (Por persoa e día IVE incluído. Os prezos son os mesmos para os acompañantes)
Tipo de aloxamento Pensión Compreta Media Pensión Habitación individual 64 € 56 €Habitación dobre 50 € 42 €Habitación triple 45 € 36 €Habitación cuádruple 42 € 32 €Para confirmar as reservas ingresarase o importe total das mesmas na conta da entidade
LA CAIXA, número : 2100-2820-36-0200063441;
como máximo 15 días antes do comezo de cada campionato;
especificando os datos de quen fai a reserva (notificarase por fax, email ou teléfono).
Organización:
Club de Xadrez Padrón
Colabora
Federación Española de Ajedrez