Iván Salgado López ( da «Escuela Internacional Kasparov-Marcote» ) recibiu a felicitación da Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, tras lograr o título de Gran Mestre Internacional no «Open de Capelle la Grande» ( Francia ). No torneo acabó con 6 puntos, conseguiu outra norma de Gran Mestre Internacional ( cunha performance de 2637 ) e superou os 2500 puntos de ELO necesarios para a consecución do título, rematando no posto 32 ( entre máis de 600 xogadores ) da clasificación. Deste xeito Iván Salgado López convírtese no primeiro galego na historia en conseguir o título, así como no español máis novo en obtelo.
Á recepción, celebrada na Dirección Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela, asistiron, ademais do xogador, o presidente da Federación Galega de Xadrez, Gaspar Pérez Carnero, e o padre de Iván. A nova tamén se pode ver en www.deportegalego.es.