
Estatutos Federación Galega de Xadrez
Título I
Disposicións xerais
Capítulo primeiro
Denominación, natureza xurídica, obxecto social e domicilio
Artigo 1º
A Federación Galega de Xadrez (no sucesivo Fegaxa) é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, cun ámbito territorial que comprende a Comunidade Autónoma de Galicia, para cumprimento dos fins que lle son propios. Está integrada polas entidades deportivas, deportistas, técnicos-adestradores, xuíces-árbitros e outros colectivos dedicados á práctica do deporte do xadrez.
A Fegaxa, ademais das súas propias competencias, exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo e actúa como axente colaborador da Administración pública.
Artigo 2º
A Fegaxa organízase orgánica e funcionalmente de forma democrática e representativa, con personalidade xurídica e patrimonio propio e independente do dos seus asociados, e plena capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas pola lei e disposicións vixentes, e pode adquirir, para os seus propios fins, bens de tódalas clases, mobles e inmobles, contratar e obrigarse para o cumprimento do seu obxectivo social e está suxeita ás súas propias responsabilidades.
A Fegaxa atópase integrada na Federación Española de Xadrez, e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro da Comunidade de Galicia no referente ó deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio e diferenciado, o seu ornamento e o seu réxime xuridico particular. Dada a súa integración na Federación Española, está considerada como entidade de utilidade pública.
Artigo 3º
A Fegaxa non admite ningún tipo de discriminación por ela ou polos seus membros, por razón de nacemento, raza, sexo, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Artigo 4º
A Fegaxa ten como obxecto social promocionar, dirixir e ordenar con carácter exclusivo dentro de Galicia, sen prexuízo das competencias concorrentes das distintas administracións públicas, as actividades propias da súa especialidade deportiva, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia, e rexerase polo disposto no Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a orde do 28 de xullo de 1995 pola que se desenvolve o decreto anterior, polos presentes estatutos e os seus regulamentos, polos da Federación Española de Xadrez, no que lle sexan aplicables, e polas disposicións que dicte a Xunta de Galicia e, supletoriamente, a Administración do Estado.
A Fegaxa é a única entidade competente dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para promocionar, regulamentar, organizar, xestionar e controla-las competicións oficiais do deporte do xadrez, e son as súas principias modalidades as integradas nos estatutos e regulamentos da Fegaxa.
Artigo 5º
A Fegaxa, dentro da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais das súas funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización do deporte que constitúe o seu obxecto social exercerá, baixo a coordinación e tutela da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:
Os actos realizados pola Fegaxa no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo son susceptibles de recurso ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, as resolucións do cal esgotan a vía administrativa.
Artigo 6º
O domicilio social da Fegaxa establécese na cidade de Vigo, rúa Luis Ksado 17.
A comisión delegada, por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do domicilio social dentro da mesma cidade. Para o traslado do domicilio a outra cidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da asemblea xeral. En ámbolos casos, o traslado do domicilio social deberalles ser notificado ós afiliados e á Dirección Xeral para o Deporte.
Por acordo da asemblea xeral, e para efectos puramente de organización interna, poderanse establecer delegacións da Fegaxa nas localidades de Galicia que decida a citada asemblea.
Requisitos para ser membro da federación. Dereitos e deberes.
Artigo 7º
Os clubs deportivos poderán integrarse, por petición propia, na Fegaxa sempre que teñan o seu domicilio social e desempeñen a súa actividade en Galicia e se atopen constituidos conforme os requisitos esixidos para cada modalidade pola lexislación vixente e inscritos na Fegaxa e se inscriban no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cumpri-los estatutos e regulamentos da Fegaxa e someterse á autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.
Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa de aplicación, rexerán para a integración na Fegaxa dos deportistas, técnicos, adestradores, xuíces e árbitros.
Artigo 8º
A integración da Fegaxa levará consigo a integración automática e para tódolos efectos na federación española da mesma especialidade deportiva.
Artigo 9º
A integración na Fegaxa producirase mediante expedición por parte desta da correspondente licencia federativa ou documento de afiliación ou inscrición. A dita expedición será acordada pola xunta directiva da federación galega. Contra a denegación, que deberá ser motivada, caberá recurso ante a asemblea xeral.
En todo caso, para a participación en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico será preciso estar en posesión da licencia ou documento de afiliación expedido pola Fegaxa.
Artigo 10º
Tódolos membros da Fegaxa teñen dereito a recibi-la tutela dela con respecto ós seus intereses deportivos comúns e individuais, así como o de paticipar nas súas actividades e no funcionamento dos seus órganos, de acordo cos presentes estatutos e cos regulamentos internos daquela. Os membros da Fegaxa teñen, a súa vez, o deber de acata-los acordos dos seus órganos, sen que iso obste ó seu dereito de recorrer, ante as instancias federativas competentes, e se é o caso, ante os tribunais de xustiza ou Dirección Xeral para o Deporte, segundo proceda, contra aqueles que consideren contrarios a dereito, e sen prexuízo de acudir á conciliación extraxudicial ou arbitraxe nos termos previstos nas leis.
Artigo 11º
As entidades deportivas, os deportistas, os técnicos-adestradores e os xuíces-árbitros, sen prexuízo da súa pertenza e afiliación directa na Fegaxa, poderán agruparse en asociacións deportivas, con ou sen personalidade xurídica propia, que á súa vez estarán integradas necesariamente na Fegaxa.
Capítulo terceiro
Estructura Territorial
Artigo 12º
A Fegaxa estructurarase territorialmente en delegacións, cando así o decida a asemblea.
Cada delegación quedará integrada polos clues, deportistas, adestradores e xuíces-árbitros que correspondan dentro dun ámbito geográfico común, utilizándose preferentemente o establecido nas leis galegas.
Artigo 13º
As delegacións axustarán a súa actividade ás normas dictadas pola Fegaxa a través dos seus órganos que correspondan e , sinaladamente, do seu presidente.
Artigo 14º
Os titulares das delegacións serán nomeados e separados do corpo polo presidente da Fegaxa, de acordo co artigo 34 dos presentes estatutos.
A composición do equipo directivo da delegación e a competencia del será de libre facultade do titular da delegación, o cal lle dará conta ó presidente da Fegaxa.
Título II
Dos órganos de goberno e representación.
Capítulo primeiro
Normas xerais
Artigo 15º
Son órganos de goberno e representación da Fegaxa a asemblea xeral e o presidente.
No seo da asemblea xeral deberá constituirse unha comisión delegada de asistencia a ela.
Artigo 16º
Os membros dos demáis órganos e comités serán designados e apartados libremente polo presidente coas excepcións previstas nos presentes estatutos.
Capítulo segundo
Da asemblea xeral
Sección primeira
Natureza, composición, nomeamento e cesamento
Artigo 17º
A asemblea xeral é órgano superior de goberno e representación da Fegaxa.
Artigo 18º
A asemblea xeral estará constituída polo presidente da federación e polos representantes dos clubs deportivos, dos deportistas, dos técnicos-adestradores e dos xuíces-árbitros.
As entidades deportivas non poderán ser membros da asemblea xeral se no momento de convocatoria de eleccións non figuran inscritas cunha antigüidade de dous anos, polo menos, no rexistro da Fegaxa, e se inscriban no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.
Os compoñentes da xunta directiva, por este só carácter, poderán asistir ás reunións da asemblea, con dereito a voz pero sen voto.
Artigo 19º
A asemblea xeral está composta polo número de membros resultantes, en cada un dos estamentos, segundo as seguintes porcentaxes:
a) Representantes de Clubs: entre ó 60% e ó 75%.
b) Representantes de Deportistas: entre ó 20% e ó 30%.
c) Representantes de Xuíces-Árbitros: entre ó 5% e ó 10%.
d) Represntantes de Adestradores-Técnicos: entre ó 5% e ó 10%.
Artigo 20º
A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o porcentaxe de membros da asemblea xeral e o de cada un dos estamentos.
Artigo 21º
Os membros da asemblea xeral e da comisión delegada cesarán polas seguintes causas:
Artigo 22º
As vacantes que se produzan na asemblea xeral antes das seguintes eleccións xerais a ela serán cubertas, dentro de cada estamento e de maneira sucesiva, polos candidatos que no proceso electoral obtivesen maior número de votos despois dos que resultaron electos e, a falta destes, mediante a realización de eleccións parciais sempre que, neste último caso, as vacantes superen o 20% dos membros da asemblea.
Os elixidos para ocuparen as vacantes a que se refire o apartado anterior exercerán o seu mandato polo tempo que falte para a celebración das seguintes eleccións xerais.
Sección segunda
Réxime de funcionamento
Artigo 23º
A asemblea xeral, como órgano máximo de goberno e representación da Fegaxa, pode adoptar calquera acordo ou decisión sobre ela, con sometemento ás regras de competencia e procedemento. Especialmente, son competencias da asemblea xeral as seguintes:
Artigo 24º
A asemblea xeral será convocada polo presidente da Fegaxaxa cun mínimo de 10 días naturais de antelación á data da súa celebración, no taboleiro de anuncios da Fegaxa, e deberá incluír necesariamente os puntos do orden do día que se van tratar, ademais da notificación persoal a cada un dos membros ó domicilio que deberá constar na federación 30 días antes da convocatoria; a notificación remitirase por calquera medio que permita ter constancia da recepción que terá lugar cunha antelación mínima de corenta e oito horas á hora da reunión.
Os defectos formais na convocatoria non darán lugar á nulidade sempre e cando os membros dela recibisen a convocatoria coa orde do día no prazo establecido e, en todo caso, a asemblea será válida, sen necesidade de ningún otro requisito, sempre que concorran a totalidade dos membros dela.
A orde do día será notificada no sentido de incorporar novos puntos por petición fundada dun quinto dos membros da asemblea xeral e sempre que esta incorporación se solicite cunha marxe de tempo suficiente para que lles poida ser notificada a tódolos membros da asemblea xeral mediante a notificación e a publicación no taboleiro de anuncios da Fegaxaxa cunha antelación mínima de 3 días á data da celebración.
Artigo 25º
O presidente da Fegaxa deberá convocar unha asemblea xeral ordinaria anualmente dentro dos tres primeiros meses do ano e sempre antes do comenzo da tempada deportiva oficial, para trata-los asuntos propios da xestión ordinaria e, como mínimo, para a aprobación da memoria anual de actividades, a aprobación do novo orzamento e a liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo e das regras que rexerán a competición e o exame e consideración das propostas que formulen os membros da asemblea xeral, da comisión delegada, da xunta directiva e o presidente.
Tódalas demais asembleas terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente da Fegaxa sempre que o coide oportuno, ou por petición dun número de membros que integran a asemblea xeral non inferior ó 25%. Neste caso, os solicitantes deberán formular unha petición por escrito dirixida ó presidente da Fegaxa na que indiquen os puntos que comporán a orde do día. O presidente, no prazo máximo de 10 días naturais desde a entrada da petición no rexistro da Fegaxa, deberá convoca-la asemblea xeral con carácter extraordinario, cos requisitos sinalados nestes estatutos, e coa orde do día solicitada, sen incluír ningún outro punto, que se celebrará nun prazo non superior a 20 días naturais desde a convocatoria. No caso de negativa expresa do presidente a efectua-la convocatoria, ou pasados 10 días desde que a solicitude fose efectuada sen ser respondida, os solicitantes poderán facer uso dos dereitos que a lexislación vixente establece, co fin de que a Dirección Xeral para o Deporte convoque os órganos colexiados de goberno, garantindo así o cumprimento efectivo das funcións encomendadas ás federacións.
Cando o presidente da Fegaxa aprecie a existencia dunha situación urxente que non permita demora na convocatoria da asemblea extraordinaria, poderá convocala sen suxeición a prazo nin requisito de forma ningún agás a citación persoal dos asambleístas que poidan ser localizados nos domicilios que consten na Fegaxa. En todo caso, a asemblea requirirá como mínimo a presencia de 2/3 dos seus membros e antes de analiza-la orde do día pronunciarse previamente, por maioría de asistentes, sobre a urxencia da convocatoria e a necesidade ou non da súa celebración. A asemblea xeral convocada desta forma non poderá modifica-los estatutos.
Artigo 26º
A asemblea xeral quedará válidamente constituída en primeira convocatoria cando a ela concorran a maioría dos seus membros.
En segunda convocatoria será válida sexa cal sexa o número de asistentes. Deberá mediar un mínimo de media hora entre a primeira e a segunda convocatorias.
Artigo 27º
Non será admisible de ningún xeito para a formación da vontade dos órganos colexiados da Fegaxa nin para o establecemento do seu quórum o voto por correo nin a delegación de voto; é, por tanto, necesaria a presencia física dos seus membros. Exceptúanse as eleccións dos membros da asemblea xeral, se así se aprobase no regulamento electoral.
Con carácter excepcional, os clubs deportivos poderán ser representados de conformidade cos seus propios estatutos, pero o representante non poderá ser membro da asemblea xeral. Ninguén poderá ostentar na asemblea xeral máis dunha delegación de voto.
Artículo 28º
As votacións no seo da asemblea xeral realizaranse na forma e pola orde que a presidencia estableza; é esta a que ten que decidir se teñen que ser ordinarias, nominais ou secretas; se polo menos o 25% dos asistentes solicita unha modalidade determinada, a forma de votación decidirase por maioría simple dos membros da asemblea xeral.
Artigo 29º
A asemblea xeral será presidida polo presidente da Fegaxa, e o seu voto será de calidade no caso de empate. Os acordos adoptaranse por maioría simple de asistentes.
Para os efectos de cómputo de quorums e maiorías, cando estes se conformen cun número inexacto de asembleístas, computaranse sempre por exceso e con referencia ó número daqueles efectivamente existentes como membros da asemblea, descontadas as vacantes.
Artigo 30º
De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral e na comisión delegada, levantará acta o secretario delas, especificando o nome das persoas que intervisen e as demais circunstancias que se consideren oportunas, o contido dos acordos adoptados, o resultado da votación e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.
Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán ós que os emitan de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.
Artigo 31º
Os acordos da asemblea xeral e da comisión delegada serán vinculantes e de obrigatorio cumprimento para a totalidade dos órganos, persoas e entidades que integran a Fegaxa e terán forza executiva a partir da data da súa adopción.
Artigo 32º
A asemblea xeral non poderá adoptar ningún acordo ou realizar ningún acto que poida comprometer de forma irreversible o seu patrimonio ou a actividade que constitúe o obxecto propio da Fegaxa.
No caso de dúbida ou por petición dun 5% dos membros de dereito da asemblea, será requisito imprescindible a emisión dun informe favorable por parte dos organismos competentes da Xunta de Galicia.
Capítulo terceiro
Da comisión delegada
Natureza, constitución, composición e funcionamento
Artigo 33º
1. No seo da asemblea xeral deberá constituirse unha comisión delegada que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da Fegaxa.
2. A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral na primeira reunión que esta celebre despois da súa constitución mediante sufraxio entre os membros dela. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.
As modificacións no poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.
A proposta sobre os temas que se van tratar na comisión delegada correspóndelle ó presidente ou a dous tercios da comisión delegada.
Capítulo cuarto
Do presidente
Artigo 34º
O presidente da Fegaxa é o órgano de goberno e representación que exerce a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos deles. O presidente poderá nomear delegados nas localidades aprobadas pola asemblea xeral, que actuarán seguindo as instruccións daquel e por delegación nas funcións que se lle encomenden. Os ditos delegados poderán ser apartados ou substituidos polo presidente segundo o seu criterio.
Artigo 35º
A duración do cargo de presidente será de 4 anos.
No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, considerarase demisionaria toda a xunta directiva, e constituirase a comisión delegada en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará a asemblea xeral, e esta acordará unha nova elección do presidente para cubri-la vacante polo tempo que falte ata o remate do prazo correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse ó disposto no artigo 38 destes estatutos.
Artigo 36º
O desempeño do cargo de presidente será causa de incompatibilidade coas seguintes actividades:
Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica activa do deporte.
Artigo 37º
O presidente cesará por:
Artigo 38º
A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constitúan polo menos un 25% dela mediante escrito motivado e asinado individualmente por cada un dos propoñentes, no que se acredite suficientemente a lexitimación dos que a promoven, presentando o dito escrito no rexistro da Fegaxa. Na mencionada petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día, así como propor un candidato alternativo á presidencia. Para poder prospera-la moción de censura, deberá ser apoiada pola maioría absoluta dos membros de pleno dereito que integran a asemblea xeral.
Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria a que se refire este artigo, haberá que aterse ó disposto no artigo 24º destes estatutos. A sesión da asemblea xeral na que se debata a moción de censura estará presidida polo membro de maior idade dos presentes que non estea suxeito a moción nin elevase ninguna. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación. Se a moción de censura non prosperase, non podería presentarse unha nova moción ata transcorrido un ano desde a última presentada.
Título III
Órganos complementarios dos de goberno e representación
Artigo 39º
Són órganos complemenarios dos de goberno e representación da Fegaxa, para asistir ó presidente:
Artigo 40º
Estará composto polo número de membros que determine o seu presidente, que non poderá ser inferior a 5 nin superior a 15.
O presidente elixirá entre os membros da xunta directiva alomenos un vicepresidente, que o será tamén da Fegaxa, quen substituirá ó presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal; un secretario que, á súa vez, o será da Fegaxa, así como o tesoureiro. Tales cargos, por estaran baseados na confianza, poderán ser removidos polo presidente cando o considere conveniente.
Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral terán acceso ás sesións dela, con dereito a voz pero sin voto.
A xunta directiva poderá constituirse, por motivos de urxencia e coas mesmas facultades desta, en comisión permanente; a súa convocatoria, composición e número de membros, que non será inferior a cinco, será decidida, para cada caso, polo presidente da Fegaxa.
A convocatoria da reunión da xunta directiva correspóndelle ó presidente, e poderá facelo en tantas ocasións como considere oportuno, determinando os asuntos da orde do día de cada sesión. O prazo mínimo de convocatoria será de 48 horas.
Os cargos non serán remunerados e, no caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada pola maioría absoluta da asemblea xeral e constar de maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo as subvencións públicas que reciba a Fegaxa.
3. O tesoureiro da Fegaxa é o órgano de administración dela. Exercerá como funcións propias:
Artigo 41º
Os membros da xunta directiva cesarán polas seguintes causas:
Artigo 42º
A xunta directiva, como órgano colaborador do presidente, non terá competencias propias e exercerá, por delegación, as que lle encomende o presidente, que poderá avocar e revogar en calquera momento.
Artigo43º
Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.
Título IV
Dos órganos técnicos e asesores
Capítulo primeiro
Comisións en xeral
Artigo 44º
A Fegaxa poderá crear, logo de aprobación pola asemblea xeral, cantas comisións técnicas precise, ademais das seguintes:
Tódalas comisións se rexerán polos seus respectivos regulamentos internos e, se é o caso, pola normativa nacional unificada emanada da federación española da mesma especialidade, pola lexislación aplicable e polo disposto nos presentes estatutos.
Capítulo segundo
Comité de xuíces-árbitros
Artigo 45º
No seo da Fegaxa constituirase, de maneira obrigatoria, un comité de xuíces ou árbitros, o presidente do cal será designado polo presidente da Fegaxa.
Serán funcións deste comité:
Capítulo terceiro
Comité de adestradores
Artigo 46º
O comité de adestradores da Fegaxa é un órgano técnico que ten por obxecto a formación, capacitación, actualización e dirección dos adestradores de xadrez.
Serán funcións deste comité:
Tódolos presidentes dos comités serán nomeados polo presidente da federación. O secretario da federación intervirá como secretario de tódolos comités sen voz e sen voto, agás que fose membro deles.
Estes comités poderán adopta-la estructura territorial da Fegaxa.
Capítulo cuatro
Escola galega
Artigo 47º
A Escola Galega de Xadrez, (en adiante a Escola), é un estamento constituido baixo os auspicios da dita federación, constituíndo un estamento dentro da Fegaxa, con capacidade de obrar dentro dos presentes estatutos.
A Escola da Fegaxa contará co seguinte cargo:
O director da Escola será nomeado polo presidente da Fegaxa libremente entre persoas que non exerzan ningún cargo directivo ni técnico en ningún club ou entidade deportiva da Fegaxa.
O cambio ou cesamento do director decidirao o presidente da Fegaxa; se é o caso, cesará todo o equipo nomeado polo director saínte.
A Escola terá unha asignación anual por parte dos orzamentos xeráis da Fegaxa. A Escola poderá buscar recursos propios, a través do cobro das súas actividades, ou por outras vías, sempre que estas non estean en contraposición co estipulado nestes estatutos, ou como consecuencia das leis vixentes.
A Escola Galega rexerase por seu propio regulamento.
Título V
Réxime electoral
Capítulo primeiro
Os censos
Artigo 48º
Comporán os censos correspondentes a cada estamento electoral tódolos membros da Fegaxa que reúnan os requisitos establecidos para cada estamento nos presentes estatutos e no regulamento electoral.
Capítulo segundo
Regulamento electoral
Artigo 49º
Os procesos electorais desenvolveranse conforme o Regulamento electoral que deberá ser aprobado pola asemblea xeral, por proposta do presidente, e deberá regula-las seguintes cuestións:
O Regulamento electoral deberá ser ratificado pola Dirección Xeral para o Deporte.
Capítulo terceiro
A comisión xestora.
Artigo 50º
Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e aprobado o Regulamento electoral, o presidente procederá no prazo sinalado nel á convocatoria de eleccións á asemblea xeral. A partir dese momento, a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, e someterán o Regulamento electoral á ratificación pola Dirección Xeral para o Deporte.
A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións á asemblea xeral e a presidente, así como do Regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a través dun medio que permita asegura-la recepción da dita notificación. Deberá exporse o regulamento electoral en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria. A comisión xestora administrará a Fegaxa e convocará e realizará novas eleccións no prazo máximo de tres meses no caso de que non se presentase ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.
Capítulo cuarto
Circunscrición electoral
Artigo 51º
A circunscrición electoral determinarase en función do número de membros de cada estamento e na forma que estableza o Regulamento electoral.
Capítulo quinto
Xunta electoral
Artigo 52º
1. A xunta electoral estará composta por tres membros titulares e tres suplentes que se elixirán na asemblea xeral entre persoas que non sexan candidatos por sorteo entre aqueles que presenten a súa candidatura. De non haber suficientes candidatos, o presidente da federación proporalle á asemblea os membros necesarios para completar a xunta electoral.
2. De entre os membros designados, o presidente será o de maior idade, e actuará como secretario o de menor idade. Poderá asistir á xunta electoral como secretario de actas un membro da federación con voz e sen voto, designado pola asemblea xeral.
Mesa electoral
Artigo 53º
Para a elección dos distintos estamentos da asemblea xeral, constituirase unha ou varias mesas electorais na forma establecida, con tres membros titulares e tres suplentes elixidos por sorteo pola xunta electoral entres as persoas físicas que pertenzan ó censo electoral correspondente a cada mesa. Serán presidente e secretario os membros de maior e menor idade, respectivamente.
Recursos
Artigo 54º
As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á xunta electoral e contra o que esta resolva caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva. Así mesmo, caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva contra tódolos actos, acordos ou resolucións da xunta electoral ou calquera outro órgano ou membro da Fegaxa en materia electoral.
Elección da asemblea xeral
Artigo 55º
Para ser candidato a membro da asemblea xeral requírese o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 16.5º destes estatutos.
Os requisitos esixidos para ser elector ou elixible deberán terse cumpridos no día en que se publique a convocatoria de eleccións.
As eleccións á asemblea xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes ós estamentos integrantes dela de acordo co previsto nestes estatutos.
Os representantes dos clubs deportivos na asemblea xeral serán elixidos por e entre os representantes dos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que integran o censo de clubs deportivos inscritos no rexistro público da Fegaxa e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións, e que estivesen igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Fegaxa ou pola Federación Española de Xadrez coa aprobación ou intervención daquela.
Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor expedida pola Fegaxa no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivensen, polo menos, durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Fegaxa ou pola Federación Española de Xadrez, coa aprobación ou intervención daquela.
Os representantes dos técnicos-adestradores e dos xuíces-árbitros na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertenecentes a cada estamento calquera que sexa a súa categoría, dos que teñan licencia en vigor no momento da convocatoria de eleccións e tamén a tivesen, como mínimo, na tempada deportiva inmediatamente anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Fegaxa ou pola Federación Española de Xadrez, coa aprobación ou intervención daquela.
Elección de presidente
Artigo 61º
Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral e de acordo co calendario electoral establecido, o presidente da comisión xestora, logo de acordo dela, procederá inmediatamente á convocatoria da dita asemblea para elixi-lo presidente e a comisión delegada da Fegaxa.
O presidente será elegido para un período de catro anos, coincidido cos anos en que se celebren Xogos Olímpicos de inverno pola asemblea xeral, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto por tódolos membros de dita asemblea xeral logo de presentación e aceptación das candidaturas correspondentes que deberán estar avaladas, alomenos polo 10% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da asemblea xeral.
Artigo 62º
Será elixido presidente o candidato que obteña o maior número de votos emitidos.
No suposto de que se presentase un só candidato, non se efectuará votación, e será proclamado presidente o único candidato pola Dirección Xeral para o Deporte.
Artigo 63º
Para poder ser candidato a presidente da federación, deberán reunirse as seguintes condicións:
Artigo 64º
A votación será libre, igual, secreta e directa, e non se admitirá o voto por correo, nin por delegación das persoas físicas.
Elección da comisión delegada
Artigo 65º
Na mesma asemblea xeral convocada para a elección do presidente, e unha vez realizada esta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.
A comisión delegada estará composta por un mínimo de 5 membros e ademais o presidente da Fegaxa.
Os membros da comisión delegada serán elixidos por e entre os integrantes da asemblea xeral.
Serán elixidos membros da comisión delegada os que obtenían maior número de votos ata cubri-lo número de membros correspondentes á comisión delegada.
Título VI
Réxime económico
Artigo 66º
A Fegaxa está sometida ó réxime d administración, ornamento e patrimonio propio e caixa única. O tesoureiro someterá á asemblea xeral ordinaria un balance de situación e as contas de ingresos e gastos e memoria económica, así como o orzamento para a tempada seguinte, balance e orzamento que lles deberán ser otificados á Dirección Xeral para o Deporte.
Non poderá aprobarse un ornamento deficitario agás autorización da Dirección Xeral para o Deporte. Tampouco poderán repartirse beneficios entre os seus membrs.
A Fegaxa elaborará unha memoria que analizará fielmente a actividade económica da Fegaxa, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumplimento dos obxectivos e os proxectos que se van desenvolver, e informará separadamente como mínimo sobre os seguintes aspectos:
1. Diferenciación dos ingresos e achegas segundo:
a) Subvencións públicas.
b) Subvencións, donativos ou achegas privadas.
c) Vendas de activos.
d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.
e) Ingresos para servicios prestados pola federación, permisos licencias e outros.
f) Ingresos financeiros.
2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou investimentos seguintes:
a) Administración da Fegaxa.
b) Dirección e servicios da directiva, incluindo viaxes.
c) Competicións.
d) Axudas a clubs e outras entidades.
e) Axudas para actos deportivos.
f) Construccións e outros inmobilizados.
g) Formación de deportistas e técnicos.
h) Deporte de elite e profesional.
i) Árbitros.
j) Órganos xurisdiccionais.
3. O importe das obrigacións de pagamento que compre satisfacer noutros ejercicios que non estean previstos no balance.
4. O importe das garantías e os avais comprometidos.
5. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co ornamento aprobado na asemblea anterior.
As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da Fegaxa cunha antelación mínima de 15 días á data de celebración da asemblea xeral, ó dispor das persoas ou entidades con dereito a voto Nela, as cales poderán pedir copia que se lles deberá antregar antes da celebración da asemblea.
Artigo 67º
Constitúen os ingresos da Fegaxa:
Artigo 68º
A Fegaxa destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins propios do seu obxecto social.
Artigo 69º
A xestión económica ordinaria correrá a cargo do tesoureiro, Baixo a dirección do presidente, coidando das operacións de cobros e pagamentos. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente, ou coa do vicepresidente autorizado, tódolos documentos de movementos de fondos. Será responsable de levar e custodia-los libros de contabilidade. Formulará os balances que anualmente deberán presentárselle á asemblea xeral para a súa aprobación.
Título VII
Réxime documental
Artigo 70º
O réxime documental da Fegaxa comprenderá, como mínimo, os seguintes libros debidamente dilixenciados:
a) Libro de rexistro de entrada e saída de documentos e comunicacións oficias.
b) Libro de rexistro de clubs no que constará a denominación destes, domicilio social e número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.
c) Libros de actas, que consignarán as reunións que celebren tódolos órganos colexiados da Fegaxa, tanto de goberno e representación como complementarios e técnicos.
d) Libros de contabiliadade.
e) Libro-inventario de bens mobes e inmobles.
f) Rexistro dos membros da asemblea xeral e da comisión delegada no que deberán consta-los nomes dos titulares ou representantes legais e os domicilios para as citacións e comunicacións.
g) Libro-rexistro de sancións disciplinarias. (Art. 32 R.D. 1591/1992, do 23 de decembro, de disciplina deportiva).
Artigo 71º
O réxime documental da Fegaxa estará a cargo do secretario, a quen lle corresponde a custodia dos libros da federación, redactar actas das reunións dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, asinalas co visto e prace do presidente, expedir certificacións, remiti-las certificacións e acordos que procedan á Dirección Xeral para o Deporte e, en xeral, prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.
A Fegaxa, por requirimento da Dirección Xeral para o Deporte e nas condicións que esta determine, deberá someter a inspección o seu réxime documental.
En caso de ausencia ou imposibilidade física do secretario, as súas funcións serán desempeñadas polo propio presidente da Fegaxa ou pola persoa en que delegue.
Título VIII
Réxime disciplinario e xurisdiccional
Artigo 72º
A Fegaxa, en materia de disciplina deportiva, ten potestade sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, os clubs deportivos e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuíces e árbitros e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan a actividade deportiva que constitúe o seu obxecto social no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.
Artigo 73º
A potestade disciplinaria da Fegaxa rexerase polo disposto na Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte; o Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva; a Orde do 20 de xullo de 1995 que desenvolve o Decreto 228/1994 do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas; polos presentes estatutos e polo regulamento federativo que o desenvolve; e polo regulamento disciplinario da Federación Española de Xadrez.
Artigo 74º
Os órganos competentes en materia disciplinaria serán:
Ambolos dous órganos rexeranse por e aplicarán o disposto no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva, os presentes estatutos e a propia regulamentación federativa que os desenvolve.
O comité de competición ou o xuíz único de competición estarán integrados por un número de membros entre 1 e 3. O comité de apelación estará integrado por 3 membros, nomeados e separados todos eles polo presidente da Fegaxa.
A composición destes comités serale comunicada a Dirección Xeral para o Deporte no forma prevista nestes estatutos.
Artigo 75º
As resolucións dictadas polo comité de apelación dentro das súas competencias terán carácter definitivo no ámbito deportivo da Fegaxa e contra elas poderase recorrer perante o Comité Galego de Disciplina Deportiva conforme a legislación vixente.
Título IX
Da disolución da Fegaxa
Artigo 76º
A Fegaxa extinguirase polas seguintes causas:
a) Por acordo da maioría de 2/3 dos membros da asemblea xeral referendado, por maioría absoluta, por tódolos membros da Fegaxa a través de votación libre, directa e secreta.
b) Polas demais causas que determinen as leis.
Unha vez producida a liquidación, o patrimonio neto destinarase ós fins de carácter deportivo que determine a Dirección Xeral para o Deporte.
Título X
Da aprobación e modificación dos estatutos e regulamentos federativos
Artigo 77º
A aprobación ou modificación dos estatutos e regulamentos da Fegaxa axustaranse ó seguinte procedemento:
1. Os estatutos e regulamentos da Fegaxa só poden ser aprobados e, se é o caso, modificados pola asemblea xeral, de acordo co establecido nos presentes estautos e iniciarase por proposta do presidente ou do 25% dos membros da propia asemblea, agás cando esta fose por imperativo legal.
2. Os regulamentos da Fegaxa poden ser modificados pola comisión delegada por proposta do presidente ou dos 2/3 dos membros da comisión delegada. As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea establezca.
3. Unha vez aprobados os estatutos, os regulamentos e as súas modificacions serán remitidos a Dirección Xeral para o Deporte para a súa retificacióne aprobación definitiva.
4. Os estatutos da Fegaxa e as súas modificacións publicaranse no prazo máximo de dous meses a partir da súa aprobación pola Dirección Xeral para Deporte no Diario Oficial de Galicia.
Disposición común
Os termos e prazos establecidos nos presentes estatutos entenderanse referidos a días naturais.
Disposición transitoria
Considéranse integrados na Fegaxa tódolos clubs actualmente existentes, agás expresa manifestación en contrario.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Quedan derogados os estatutos da Fegaxa ata agora vixentes, aprobados pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia o 22 de xuño de 1984.
Segunda.- Os presentes estatutos entrarán en vigor o día seguinte ó da notificación da súa aprobación pola Secretaría Xeral para o Deporte, sen prexuízo da súa posterior publicación no Diario Oficial de Galicia.
Estes estatutos foron aprobados pola asemblea xeral extraordinaria, celebrada en Vigo o día 14 de xaneiro de 1996. Da que como secretario dou fe e prace do presidente.
============================================
Publicacións dos estatutos e modificación no D.O.G. :