 |
23/07/2012 - Campionato de España Sub-16
O Sabado, 21 de Xullo de 2012 tivo lugar no Hotel Salobreña a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16.
Información neste enlace
|
|
16/07/2012 - Campionato de España Puleva Max Sub-14
O Sábado 16 de Xullo rematou o Campionato de España Puleva Max Sub-14. Destacar o 2º posto do xogador do Xadrez Fontecarmoa, Julio Suarez. O xogador da EXP, Alberto Portela acadou o 9º posto. Noraboa.
Toda a información neste enlace

|
|
13/07/2012 - Campionato de España Individual Feminino 2012.
DATAS: Do 29 de Xullo ao 04 de Agosto de 2012.
LOCAL DE XOGO: Nos Salóns do Hotel Best Western Hotel Salobreña (Granada).
INSCRICIÓNS: O canon de inscrición é de 30,00 € e o prazo remata o martes 17 de Xullo de 2012. Todas as Inscricións deberán formalizarse na FEDA, a través da súa Federación Autonómica.
CIRCULAR FEDA 16/2012 COA CONVOCATORIA: Descargar pdf
|
|
09/07/2012 - Funeral por Ramón Escudeiro Tilve (D.E.P.)
Hoxe Luns, 09 de Xullo de 2012, na Igrexa de Santa María (Pontevedra) ás 18:30 horas terá lugar o funeral do xogador da Escola Xadrez Pontevedra, Ramón Escudeiro Tilve.
Queremos expresar á familia e ao club o máis sentido pésame do xadrez galego e desta federación galega de xadrez (Q.E.D.).
|
|
09/07/2012 - Torneo de Xadrez Concello de Silleda Pontiñas CCO Gadis 2012
3º Torneo pertencente ao V Circuito Galiza Central 2012.
DATA: O Sábado, 14 de Xullo de 2012.
LOCAL DE XOGO: Na Casa da Cultura de Silleda.
INSCRICIÓNS: no E-mail escueladeajedrezlalin@gmail.com.
Máis Información do Circuito: http://www.fegaxa.org/gal/competicions_ficha.php?id=427
|
|