 |
04/06/2012 - RESOLUCIÓN DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS E AGRUPACIÓNS DEPORTIVAS ESCOLARES
O martes 30 de maio de 2012 publicouse na web da Secretaría xeral para o deporte a resolución de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 15 de decembro de 2011.
Nesa mesma web están dispoñibles os anexos requiridos para o cobro e xustificación da subvención, ademáis dunha guía de axuda para facilitar o proceso.
|
|
28/05/2012 - III Torneo Pontexadrez ao Aire Libre
Este Sábado, 26 de Maio de 2012 ás 10:30 horas na Praza da Ferrería (Casco Vello de Pontevedra), tivo lugar o III Torneo Pontexadrez ao Aire Libre onde reuníronse a preto de 250 xóvenes xadrecistas máis 90 xogadores absolutos.
CLASIFICACIÓN XERAL DO CIRCUITO DE PROMOCIÓN: Descargar pdf
Máis Información do Torneo:
|
|
23/05/2012 - Torneo de Maio
DATA: O Domingo, 27 de Maio de 2012.
LOCAL DE XOGO: Restaurante "El Gallo" en Valón (Estrada Ferrol-Doniños).
CATEGORÍAS: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub-18, Absoluto e Veteráns.
INSCRICIÓN: 8,00 € no e-mail xoanrei@gmail.com ou no móbil 625 460 337
BASES DO TORNEO: Descargar pdf.
Máis información: www.cxfxadrez.org e
|
|
23/05/2012 - XXV Circuito Internacional Galego de Xadrez 2012
Pubrícase o Calendario e Información do XXV Circuito Galego de Xadrez 2012.
Máis Información:
|
|
21/05/2012 - Convocatoria Eleccións na Federación Española de Xadrez
Con data do 18 de Maio convócanse eleccións á Asemblea Xeral da Federación Española, así como de Presidente e Comisión Delegada, según o establecido na Orde Ministerial ECI/3567/2007, de 4 de decembro, pubricada no B.O.E. de 8 de diciembre de 2007.
Será de aplicación en todo o proceso o Regulamento Electoral da Federación Española de Xadrez (FEDA) aprobado pola Comisión Delegada da Asemblea o día 21 de xaneiro de 2012 e pola Comisión Directiva e pola Comisión Directiva do Consello Superior de Deportes o día 17 de maio de 2012.
As eleccións a membros da Asemblea Xeral dos estamentos de clubes, deportistas, adestradores-monitores e árbitros, celebraranse o día 17 de xuño de 2012.
Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección de Presidente e membros da Comisión Delegada da Asemblea da FEDA para o día 15 de Xullo de 2012.
O Censo Electoral Inicial publícase únicamente en papel e será exposto públicamente nos taboleiros de anuncios da FEDA e de todas as Federacións Autonómicas, de modo que sea fácilmente accesible ós electores, durante quince días naturales, pudiéndose presentar reclamacións ó mesmo durante dito prazo, ante a Federación Española de Xadrez.
|
|
|