 |
09/04/2012 - Campionatos Galegos Semana Santa 2012 (SUB-08/SUB-10/SUB-12/SUB-16 e ABSOLUTO)
O Venres 06 de Abril tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos Absoluto, Feminino e Veterán onde proclamouse Campión Galego Absoluto o xogador do Xadrez Arteixo Oscar B. De Prado Rodriguez, Campiona Galega Feminina Carmen Lopez Graña do Circulo Ferrolano e como Campión Galego Veterán o xogador do Xadrez Gallaecia Pablo Gómez Segade. O Campión Galego Sub-12 foi o xogador da Casa da Xuventude Miguel Puga e como Campiona Galega Sub-12 a xogadora do Xadrez Lucena Raquel Gil Vicente. Na categoría Sub-16 quedou Campión Galego Lucas Abal Cores do Club Xadrez Fontecarmoa e como Campiona Galega Sub-16 Ines Prado Acebo do Círculo Ferrolano. O Campión Galego sub-08 foi o xogador do Club Xadrez Fontecarmoa Andrés Rodríguez Ferreirós e a Campiona Galega Sub-08 a xogadora do Xadrez Benchoshey Cecilia González López. Na categoría Sub-10 proclamouse campión Galego Sub-10 Jorge Méndez Rial do Xadrez Rianxo e como Campiona Galega Sub-10, Daría Pérez López do Círculo Chantadino.
Máis Información: Sub-08: http://chess-results.com/tnr69591.aspx?lan=2;
|
|
04/04/2012 - Campionatos de España de Idades 2012
A Federación Española convocou a traves das circulares 07/2012 e 08/2012 a celebración dos Campionatos de España Puleva Max Sub-08 a Sub-14 e os Campionatos de España Sub-16 e Sub-18, respectivamente. Este ano terán lugar en Salobreña (Granada-Andalucia)
|
|
02/04/2012 - Campionato de Europa Individual 2012
O Sábado 31 de Marzo de 2012 tivo lugar a última rolda do 13º Campionato Europeo Individual 2012 que tivo lugar en Plovdiv (Bulgaria). Onde Francisco Vallejo Pons obtivo a 8ª plaza e Iván Salgado a 88º empatado a puntos có 67º clasificado.
Información nestos enlaces: Web do Campionato e
|
|
27/03/2012 - Solicitudes e Concesión Arbitraxe Auxiliar Campionatos Galegos Semana Santa 2012
O 22 de Marzo rematou o prazo para solicitar o arbitraxe auxiliar nos Campionatos Galegos de Semana Santa que terán lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) do 31 de Marzo ao 06 de Abril de 2012.
Solicitudes e Concesión: descargar pdf
|
|
13/03/2012 - Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria o 31 Marzo 2012.
Por orde do Sr. Presidente da Federación Galega de Xadrez convócase, según o artigo 33.2 dos Estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva o vindeiro día 31 de Marzo de 2012 ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria; no Hotel Scala de Padrón.
Orde do Día: descargar pdf
Toda a documentación: http://www.fegaxa.org/gal/circulares_int.php?var1=1&var2=Asambleas
|
|