Deporte Galego
Xunta
Inicio Castellano
Federación Federación Federación Federación Federación Federación Federación
Calendario de Eventos
Boletín, dese de alta
Libros en PDF do proxecto: XADREZ PARA TODOS
Libros en PDF do proxecto: XADREZ PARA TODOS


30/01/2013 - Subvención a entidades e clubs deportivos da Deputación de Pontevedra 2013

O luns 28 de Xaneiro de 2013 a Deputación de Pontevedra pubricou as subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar o deporte de competición federado para o ano 2013.

Toda a información: http://www.depontevedra.es/?1,30037

29/01/2013 - Solicitudes e Concesión Arbitraxe Auxiliar Campionatos Galegos Entroido 2013

Non recibindo máis solicitudes de arbitraxe auxiliar para os Campionatos Galegos do Entroido que terán lugar no Hotel Hesperia de Ferrol (A Coruña) do 09 ao 12 de Febreiro de 2013, pubrícase as solicitudes recibidas e concesión do arbitraxe auxiliar (descargar pdf).

15/01/2013 - Arbitraxe auxiliar Campionatos Galegos Entroido 2013 (Sub-14/Sub-18)

A Federación Galega de Xadrez abre o prazo de solicitudes para actuar como árbitro auxiliar nos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 2013 que terán lugar no Hotel Hesperia en Ferrol (A Coruña).
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata as 19:00 horas do Luns, 04 de Febreiro de 2013. Deberán realizarse no e-mail fegaxa@fegaxa.org.
Máis información: descargar pdf

11/01/2013 - Campionatos Provinciais A Coruña, Categorias Sub-14 e Sub-16

Rematado o prazo de reclamacións e/ou modificacións, pubrícanse os listaxes definitivos de xogadores que participarán nos Campionatos Provinciais de A Coruña categorías Sub-14 e Sub-16 (descargar pdf).
O local de xogo será na Casa de Xadrez no Canton de Molins (Ferrol).

08/01/2013 - Liga Galega por Equipos de Club 2013

Este sábado, 12 de Xaneiro de 2013 comeza a liga galega por equipos de club.
Lembramos que as roldas terán lugar ás 17:00 horas cun Ritmo de xogo de 90 minutos + 30 segundos/Xogada. As Actas deberán estar rexistradas e confirmadas por ambolos dous Delegados antes das 19:00 horas do martes seguinte á disputa do Encontro. Todo xogador para competir na Tempada 2013 deberá estar correctamente federado a traves do programa GEFE. Debido o funcionamento a partir do 1 de Xaneiro de 2013 o estado “FEDERADO” terá que ser confirmado pola federación, por tal motivo, previamente terá que ter abonada a cota da licenza e dado de alta no seguro deportivo correspondente. Polo tanto pregamos que se envie notificación por e-mail (fegaxa@fegaxa.org) cá copia do/s ingreso/s, debendo ter entrada na Federación antes das 13:00 horas dos venres anterior de cada rolda para poder realizar ditas xestións, sempre respetando o prazo máximo das 48 horas antes da 6ª rolda. Se dito xogador non se encontra federado correctamente có seu abono da licenza terase en conta como unha alineación indebida.

10/05/2009-10/05/2009
10/05/2009-30/05/2009
10/05/2009-10/05/2009
16/05/2009-16/05/2009
 
 
Fedérate
 
Patrocinadores
Federación Española de Xadrez
FIDE
Ajedrez Actual