 |
17/06/2011 - MODIFICACIÓN CALENDARIO VI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2011
Infórmase que o I Torneo Concello de Arteixo modifica a data da súa celebración para o Luns, 25 de Xullo de 2.011.
Calendario Actualizado do VI Circuito Galego de Xadrez Promoción: descargar pdf.
|
|
15/06/2011 - Presentación Proxecto Xadrez para todos
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o subdirector xeral de Deportes, Carlos Gómez; e o presidente da Federación Galega de Xadrez, Gaspar Pérez, presentaron esta mañá os materiais da colección no CEIP de Tenorio, no concello pontevedrés de Cotobade, nun acto no que participaron alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de primaria.
Mais informacion na web da Secretaria Xeral:
http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=nova_estandar13567.html
|
|
07/06/2011 - V Copa Maristas Galicia de Xadrez Escolar 2.011
O Sábado 4 de Xuño tivo lugar no Colexio Maristas de Ourense o 5º Torneo pertencente ó Circuito Galego de Xadrez de Promoción 2.011 onde participaron preto de 280 xóvenes xadrecistas procedentes de toda Galicia e Portugal.
Clasificación Xeral Actualizada do Circuito Galego Xadrez de Promoción: descargar pdf.
Máis Información: http://www.xadrezourense.com/
|
|
31/05/2011 - II Torneo PonteXadrez ó Aire Libre
O Sábado 28 de Maio na Praza da Ferrería tivo lugar o 4º Torneo pertencente ó VI Circuito Galego Xadrez Promoción 2.011, onde reuníronse preto de 190 Xogadores.
Clasificación Xeral actualizada do Circuito de Promoción 2011: descargar pdf.
Clasificacións Finais do Torneo: http://www.fegaxa.org/gal/competicions_ficha.php?id=328
|
|
26/05/2011 - Misa funeral por M. Carmen Fernández Pérez (D.E.P.)
Mañá Venres, 27 de Maio de 2.011 na Igrexa de Santa Lucía (A Coruña) ás 20:30 horas terá lugar unha misa en honra á Arbitro Internacional M. Carmen Fernandez Perez.
|
|