 |
|
|
20/05/2011 - Axudas para Deportistas Galegos de Alto Nivel
O Diario Oficial de Galicia publicou onte o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e para obter a clasificación para os Xogos Olímpicos/Xogos Paralímpicos de Londres 2012.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o Sábado 18 de Xuño de 2.011.
Máis Información: http://deportegalego.es/index.php?idMenu=67&int1=1344&idIdioma=2
|
|
20/05/2011 - IV Curso de Monitor Superior On Line FEDA
Atendendo a Circular 12/2011 da FEDA convócase o IV Curso de Monitor Superior On Line.
Algúns requisitos son: Acreditar a obtención de 2000 puntos de ELO e ter o Título de Monitor de Base da Federación Española.
Inscrición: 150,00 €
Os interesados terán que mandar un e-mail a fegaxa@fegaxa.org antes do Venres, 27 de Maio de 2.011.
Circular 12/2011: descargar pdf.
|
|
19/05/2011 - IX Torneo Santa Rita Vilagarcia 2.011
O pasado sábado 14 de Maio tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa o 2º Torneo pertencente ó Circuito Galego Xadrez Promoción 2011 onde acudiron preto de 300 xogadores.
Clasificación Actualizada do VI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2011: descargar pdf.
Clasificacións Finais do Torneo: http://www.fegaxa.org/gal/competicions_ficha.php?id=321
|
|
19/05/2011 - Torneo de Xadrez das Letras Galegas
Este Martes, 17 de Maio tivo lugar no Auditorio Municipal de Padrón, un Torneo de Xadrez con motivo do día das Letras Galegas.
Clasificación Final: descargar pdf.
|
|