Deporte Galego
Xunta
Inicio Castellano
Federación Federación Federación Federación Federación Federación Federación
Calendario de Eventos
Boletín, dese de alta
Secretaria Xeral de Política Lingüística
Secretaria Xeral de Política Lingüística


18/02/2015 - CIRCULAR FEGAXA 02/2015: Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2

A Federación Galega de Xadrez a través da súa circular 02/2015 pubrica os criterios de selección dos xogadores para pertencer aos grupos de tecnificación deportiva 2015.
CIRCULAR FEGAXA 02/2015: Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2015 (Descargar pdf).


18/02/2015 - Campionatos Galegos Entroido 2015 (Categorías Sub-14 e Sub-18).

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 2015 no Colexio San Narciso de Marín (Pontevedra). Dar a enhoraboa a Alfonso Lopez Gonzalez (Grupo Bazan) e a Mireya Represa Perez (Xadrez Laroca) por proclamarse Campión Galego Sub-14 e 1ª clasificada feminina Sub-14 respectivamente; e a Lucas Abal Cores (Xadrez Fontecarmoa) e a Ines Prado (Circulo Ferrolano) por proclamarse Campión Galego Sub-18 e 1ª clasificada feminina Sub-18.

Máis Información: Sub-14 e Sub-18.

16/02/2015 - ALINEACIÓNS LIGA GALEGA POR EQUIPOS DE CLUB. TEMPADA 2015

Atendendo ao artigo 3.6 do regulamento da Liga Galega por equipos de club, lémbrase aos delegados que o prazo máximo para incorporar xogadores aos ordes de forza xa existentes, remata o Xoves, 19 de Febreiro de 2015 ás 17:00 horas. Non se aceptarán alineacións rematado dito prazo.


12/02/2015 - SOLICITUDES E CONCESIÓN ARBITRAXES CAMPIONATOS GALEGOS SEMANA SANTA 2015

Non recibindo máis solicitudes de arbitraxe para os Campionatos Galegos de Semana Santa que terán lugar no Hotel Scala (Padrón- A Coruña) do 28 de Marzo ao 03 de Abril de 2015, pubrícase as solicitudes recibidas e concesión dos arbitraxes (descargar pdf).


12/02/2015 - APROBADA A PROPOSICION NON DE LEI SOBRE A IMPLANTACION E FOMENTO DA PRACTICA DO XADREZ

A Comisión de Educación e Deporte do Congreso dos Diputados aprobou onte POR UNANIMIDADE de todos os Grupos Parlamentarios a seguinte Proposición non de Lei:
“O Congreso dos Diputados insta ao Goberno a, en colaboración cás Comunidades Autónomas, no exercicio das competencias que sonlles propias, e desde o respeto á Autonomía dos Centros Educativos:
1.- Implantar o programa “Xadrez na Escola” no Sistema Educativo Español, de acordo cás recomendacións do Parlamento Europeo en colaboración cás Comunidades Autónomas, no exercicio das competencias que sonlles propias, e desde o respeto á Autonomía dos Centros educativos.
2.- Continuar promocionando o xadrez como deporte, fomentando a súa práctica a través da necesaria colaboración entre o sector púbrico e privado.”
A proposición orixinal partiu da iniciativa do Diputado do Grupo Socialista, D. Pablo Martín Peré. Despois do correspondente debate, llegouse a un acordo entre todos os grupos para a aprobación unánime do texto definitivo.


10/05/2009-10/05/2009
10/05/2009-30/05/2009
10/05/2009-10/05/2009
16/05/2009-16/05/2009
 
 
Fedérate
 
Patrocinadores
Federación Española de Xadrez
FIDE
Ajedrez Actual