Monthly Archives: Febreiro 2017

Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2017

A Federación Española de Ajedrez a través das súas circulares 08/2017 e 09/2017 convoca os Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2017 e os Campionatos de España de xadrez Rápido Sub-10 a Sub-18 2017.

Os Campionatos terán lugar nos salóns do Hotel Best Western Hotel Salobreña.

Establécese un canon de inscrición de 33 € para a categoría Sub-08 e 49 € para o resto de categorías. O prazo de inscrición abrirase o 06 de Marzo para todas as categorías e realizarase a través da plataforma Web que se creou ao efecto dentro da Web da FEDA  e pecharase según as táboas indicadas en cada circular.

O prazo para as reservas de cada Campionato acaba o mesmo día que o da inscrición. Toda a información atoparase no formulario de reserva (formato doc ou pdf).

Arbitraxes Campionatos Galegos 2017

Rematado o prazo de solicitudes para actuar como árbitros principais nos Campionatos Galegos 2017, pubrícase a resolución do Comité Galego de Árbitros (descargar pdf).

Circular FEGAXA 04/2017: Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2017.

A Federación Galega de Xadrez pubrica a Circular 04/2017: xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2017, cá relación dos deportistas asinados aos grupos de tecnificación 2017 (descargar pdf).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies