Monthly Archives: Maio 2017

VIII PonteXadrez 2017

O pasado sábado, 27 de Maio de 2017 na Praza de España de Pontevedra tivo lugar o 6º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: VIII PonteXadrez ao Aire Libre 2017 onde máis de 230 xogadores déronse cita.

Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluto.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 29/05/2017).

 

 

XXX Circuito Galego de Xadrez 2017

A Federación Galega de Xadrez pubrica o calendario cos torneos pertencentes ao XXX Circuito Galego de Xadrez 2017.

Toda a información, neste enlace.

IV Torneo de Xadrez Concello de Oroso 2017

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE DE RÁPIDAS.

DATA: Sábado, 27 de Maio de 2017.

LOCAL DE XOGO: CEIP Camiño Inglés: sita na Avda. Alvaro Cunqueiro, S/N – Sigüeiro.

PARTICIPANTES:  Todos os xogadores deben estar federados.

INSCRICIÓNS:  xeral 8€, sub-16 5€, gratis GM-MI. Pódense realizar no email pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o venres 26 de maio.

Bases do torneo.

III Campionato Galego de Xadrez Lóstrego 2017 e VII Campionato Galego de Rápidas 2017

O Sábado, 20 de Maio de 2017, tivo lugar no Recinto Ferial FEXDEGA de Vilagarcia de Arousa o III Campionato Galego de Xadrez Lóstrego onde o GM David Lariño Nieto, da Escola Luguesa de Xadrez, proclamouse Campión.

Enlace a info64.

E o Domingo, 21 de Maio de 2017, tivo lugar, tamén, no Recinto Ferial FEXDEGA de Vilagarcia de Arousa o VII Campionato Galego de Rápidas onde o MF Miguel Senlle Caride, da Universidade de Vigo, proclamouse Campión.

Enlace a info64.

Solicitudes e concesión arbitraxe Copa Galicia de Clubs 2017

Rematado o prazo de solicitudes para actuar como árbitro na Copa Galicia de Clubs 2017, categorías cadete e absoluta, pubrícase a resolución do Comité Galego de Árbitros (descargar pdf).

XV Torneo Santa Rita – Vilagarcia 2017

O pasado Sábado, 20 de Maio de 2017 tivo lugar o 5º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: XV Torneo Santa Rita-Vilagarcía 2017 con máis de 120 xogadores participantes.

 

Máis información, neste enlace.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 22/05/2017).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies