Monthly Archives: Agosto 2017

II Aberto de Xadrez Concello de Carnota

TORNEO VALEDERO PARA ELO DE RÁPIDAS.

DATA: Sábado, 02 de Setembro de 2017.

LOCAL DE XOGO: Pavillón Municipal de Carnota.

INSCRICIÓNS: Xeral 8€, sub-16 5€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o venres 1 de setembro.

PARTICIPANTES: Todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido.

Bases do torneo.

IX Torneo Internacional Concello de Rianxo

O Sabado, 26 de Agosto de 2017 tivo lugar a clausura e entrega de premios do IX Torneo Internacional Concello de Rianxo (10º TORNEO PERTENCENTE AO XII CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2017) onde preto de 230 xogadores participaron.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 28/08/2017).

Campionato de España Feminino 2017

O Campionato de España Feminino celebrouse en Linares durante os días 21 ao 27 de agosto. Sabrina Vega Gutiérrez de Canarias proclamouse Campiona de España con 7,5 puntos, finalizando o torneo invicta. Tamén finalizou invicta, a xogadora andaluza María Adela Perera Borrego quen con 6,5 puntos finalizou en segunda posición. Completou o podio a xogadora do Clube Deportivo Xadrez Ourense, Yudania Hernández Estevez, con 6 puntos e un mellor desempate que as xogadoras Belinda Vega Gutiérrez e Graciela Redondo Arguelles, esta última xogadora do Club Regatas de Perillo.

IV Aberto Internacional de Xadrez – Hortel CEMAR

O 23 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º e derradeiro torneo pertencente ao XXX Circuito galego de Xadrez 2017: IV Aberto Internacional de Xadrez – Hortel CEMAR, onde o MI Alexej Orbatov proclamouse campión do torneo.

Enlace a info64.

Clasificación final do XXX Circuito Galego de Xadrez 2017. (rectificada 04/09/2017).

XXXIII Open Internacional de Xadrez Albariño 2017

O 09 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios do 5º torneo pertencente ao XXX Circuito Galego de Xadrez: XXXIII Open Internacional de Xadrez Albariño, onde o GM David Lariño Nieto da Escola Luguesa de Xadrez, proclamouse Campión do torneo.

Enlace a chess-results.

 

Clasificación xeral provisional do XXX Circuito Galego de Xadrez 2017. (actualizada 18/08/2017)

XXXI Torneo Infantil de Xadrez Albariño 2017.

O Sabado, 29 de Xullo de 2017, tivo lugar o 9º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: XXXI Torneo Infantil de Xadrez Albariño, onde participaron preto de 100 xogadores.

Máis información, neste enlace.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 18/08/2017).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies