Daily Archives: 18 de Agosto de 2017

XXXIII Open Internacional de Xadrez Albariño 2017

O 09 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios do 5º torneo pertencente ao XXX Circuito Galego de Xadrez: XXXIII Open Internacional de Xadrez Albariño, onde o GM David Lariño Nieto da Escola Luguesa de Xadrez, proclamouse Campión do torneo.

Enlace a chess-results.

 

Clasificación xeral provisional do XXX Circuito Galego de Xadrez 2017. (actualizada 18/08/2017)

XXXI Torneo Infantil de Xadrez Albariño 2017.

O Sabado, 29 de Xullo de 2017, tivo lugar o 9º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: XXXI Torneo Infantil de Xadrez Albariño, onde participaron preto de 100 xogadores.

Máis información, neste enlace.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 18/08/2017).

Campionato de España de Xadrez Lóstrego 2017

O Campionato de España de Xadrez Lóstrego concluíu en Linares con 195 participantes. Lázaro Bruzón Batista proclamouse campión con 8 puntos de 9 posibles. O primer español e segundo clasificado foi David Lariño Nieto, da Escola Luguesa de Xadrez, con 7,5 puntos empatado con Daniel Forcén Esteban quen acadou o torneo no tercer posto.

Campionatos de España de Idades 2017.

Remataron os Campionatos de España de Idades celebrados en Salobreña, na categoría Sub-18, destacar o 3º posto feminino no Campionato de España Sub-18 e 2º posto feminino no Campionato de España Sub-18 de rápidas acadados pola xogadora do Club Xadrez Laroca, Mireya Represa Perez. Noraboa!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies