Monthly Archives: Outubro 2017

X Festival Internacional de Xadrez “Ourense 2017”.

O Domingo, 29 de Outubro de 2017 tivo lugar o 18º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017:  X Festival Internacional de Xadrez “Ourense 2017” con máis de 230 xogadores participantes.

Máis información, neste enlace.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 30/10/2017).

X Torneo Sub-2200

TORNEO RESERVADO PARA XOGADORES CON ELO MENOR DE 2200.

DATAS: 27, 28 e 29 de Outubro de 2017.

LOCAL DE XOGO: Centro Comercial Portanova – 2º andar (Ferrol – A Coruña).

Bases e inscricións.

Campionato de Europa de Seleccións Nacionais

A Federación Española de Ajedrez publicou a circular 25/2017 pola que se comunica a composición dos equipos que representarán a España no Europeo de Creta (Grecia), do 28 de outubro ao 7 de novembro de 2017, o xogador do Clube Deportivo Xadrez Ourense, o GM Ivan Salgado, é un dos seleccionados . Pódese consultar no seguinte enlace.

II Torneo de Xadrez Escolar Colexio Los Sauces

O Sabado, 21 de Outubro de 2017 no Colexio Los Sauces de Pontevedra, tivo lugar o 17º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: II Torneo de Xadrez Escolar Colexio Los Sauces con preto de 80 xogadores participantes.

 

Máis información do torneo: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 23/10/2017).

Torneo homenaxe a Juan Carlos Abella

DATA: Sábado, 21 de Outubro de 2017.

LOCAL DE XOGO: Centro Comercial Portanova – 2º andar (Frerol – A Coruña)

INSCRICIÓNS: Ata as 22:00 horas do 20/10/2017 no email xoanrei@gmail.com; Tfne 655 796 421. Non hai exencións ao pago das inscricións.

Bases do torneo.

V Masterchess Centro Comercial Arousa 2017

O Sabado, 14 de Outubro de 2017, no Centro Comercial Arousa (Vilagarcía de Arousa) tivo lugar o 16º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: V Masterchess Centro Comercial Arousa 2017 con preto de 150 xogadores participantes.

Máis información do torneo, nestos enlaces: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 16/10/2017).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies