Monthly Archives: Maio 2018

IX Pontexadrez

O Sabado, 26 de Maio de 2018 déronse cita na Praza de España de Pontevedra preto de 170 xogadores no 6º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: IX PonteXadrez.

Máis información, neste enlace.

Enlaces Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.

Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 28/05/2018).

Copa Galicia por equipos de Club 2018

COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA CADETE 2018

O Sabado, 26 de Maio de 2018 no Sporting Club Casino de A Coruña tivo lugar a Copa Galicia, categoría Cadete onde o equipo Xadrez Ourense proclamouse campión 2018. O subcampión e 3º clasificado foron os equipos do Xadrez Fontecarmoa, CXF-Mc Donalds e CXF-Casa da Xuventude respectivamente.

Enlace Info64.

COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA ABSOLUTA 2018

O Domingo, 27 de Maio de 2018 no Sporting Club Casino de A Coruña tivo lugar a Copa Galicia, categoría Absoluta onde o equipo Padrón proclamouse campión 2018. O subcampión foi Rianxo e 3º clasificado CXF-Interrias Sanxenxo.

Enlace Info64.

V Torneo Sub-2200

¡¡MODIFICACIÓN NO HORARIO DE XOGO!!

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.

DATAS: 26 e 27 de Maio de 2018.

LOCAL DE XOGO: Nave de Asociacións – Parque Frigsa – Lugo.

Bases e inscricións.

Campionato do Mundo Individual Sub-08, Sub-10 e Sub-12

Páxina web do Campionato do Mundo Individual Sub-08, Sub-10 e Sub-12 2018: www.wccc2018.com e www.wcccSantiago2018.com. E na Federación Internacional de Xadrez, neste enlace.

Convocatoria arbitraxe Copa Galicia de Clubs 2018

Rematado o prazo de solicitudes de arbitraxe para a Copa Galicia, categorías Cadete e Absoluta, pubrícase a concesión da mesma en este enlace.

IV Campionato Galego de Xadrez Lostrego e VIII Campionato Galego de Rapidas 2018

IV CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ LÓSTREGO 2018

Máis de 100 xogadores deronse cita o pasado sabado, 19 de Maio de 2018 no Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa (Pontevedra).

O xogador GM Ibragim Khamrakulov, do Creacciona Cum Laude, proclamouse Campión con 8 puntos dos 8 posibles. O xogador MI Julio Suarez Gomez, do Xadrez Fontecarmoa, foi o Subcampión con 7,5 puntos.

Máis información, neste enlace.

VIII CAMPIONATO GALEGO DE RÁPIDAS 2018

106 xogadores participaron o domingo 20 de Maio de 2018 no Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa (Pontevedra).

O xogador GM Ibragim Khamrakulov, do Creacciona Cum Laude, proclamouse Campión con 7,5 puntos dos 8 posibles e o MF Miguel Senlle Caride, da Escola Xadrez Pontevedra, foi o subcampión con 7 puntos.

Máis información, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies