Daily Archives: 16 de Outubro de 2018

Santiago será a capital mundial do xadrez infantil

Onte tivo lugar a presentación do Mundial de Xadrez, categoría Cadete na Cidade da Cultura de Galicia cá presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, e os presidentes das Federacións Española e Galega de xadrez, Javier Ochoa Echangüen e Gaspar Pérez Carnero.

A Cidade da Cultura encherase de reis, raíñas, peóns e alfiles, grazas ao Mundial de Xadrez Cadete que celebrarase entre o 3 e o 16 de Novembro. 800 xogadores de entre 8 e 12 anos mediranse nesta competición na que se darán cita chavales de 80 países e dos 5 continentes. Serán 13 días nos que poderemos seguir, vía streaming, unhas 100 partidas en directo e nas que están previstas actividades paralelas como cursos de adestradores, excursións e talleres de xadrez escolar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies