Monthly Archives: Marzo 2025

Liga Galega por equipos de Club 2025 – Prazo máximo alineacións

Lémbrase a todos os equipos participantes na Liga Galega 2025 que, atendendo ao apartado 3.7 do artigo 62 do Título VIII do Regulamento Xeral de Competicións desta Federación Galega de Xadrez, o xoves, 13 de Marzo de 2025 ás 17:00 horas remata o prazo de alineacións de xogadores para participar na Liga Galega.

Proceso evaluador para o título de AN 2025

O Comité Técnico de Árbitros da Federación Española de Ajedrez pubrica o comunicado 01/2025 có proceso evaluador para o título de AN 2025.

Toda a información nestos enlaces: Comunicado do CTA, Anexo I.

Circular FEDA 05_2025: Calendario FEDA 2025

A Federación Española de Ajedrez publica o calendario FEDA 2025 a través da súa circular 05_2025.

Infórmase que o calendario actualizarase periódicamente na páxina web da FEDA, sen publicación de circulares posteriores.

Campionatos “Xunta de Galicia” Sub14 e Sub18 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos ” Xunta de Galicia” 2025, categorías  Sub-14 Open e  Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14 o xogador da Escola de Xadrez Compostela, Nicolás Fernández Sabajanes  proclamouse Campión, Sergio Calvo Miguez tamén da Escola de Xadrez Compostela foi o Subcampión e Luis Barreiro Rebolo (Escola Luguesa de Xadrez) o 3º clasificado. Antía Reboredo Barrosa ( CD Xadrez Ourense) acadou o posto 9º da Xeral e foi 1ª clasificada feminina.

Na Categoría Sub-18, proclamouse Campión o xogador Diego Cacheiro Blanco de USC, Breixo Longueira Alonso (CA Padrón) foi o Subcampión e Alejandro Cereijo Suárez (CA Padrón) o 3º clasificado. Pura Diéguez Novoa do Xadrez Benchoshey foi a 1ª clasificada femenina (10º posto na Xeral).

¡Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2025

Campionato Galego Sub-18 Open 2025

 

Campionato “Xunta de Galicia” Sub-8 2025

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego  “Xunta de Galicia” Sub-8 2025.

O xogador da Escola Xadrez Pontevedra,  Martín Lema Fernández proclamouse Campión,  Artai Lamela Babarro (C.D. Xadrez Ourense) quedou no segundo lugar e Leo Gonzalez Rivero (Club Xadrez Mos) o 3º clasificado. Paula Noya Mellado (Club Xadrez Oroso) acadou o posto 9º da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Toda a información, neste enlace.

¡Parabéns a todos!.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies