Category Archives: Sin categoría

XXV Memorial Adolfo Pedrido 2017

O Sabado, 23 de Setembro de 2017 tivo lugar no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa o 14º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: XXV Adolfo Pedrido con preto de 190 xogadores participantes.

Toda a información do evento, neste enlace.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 26/09/2017).

I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago

O Sábado, 16 de Setembro de 2017 no Centro Comercial Area Central (esquina vermella) de Santiago de Compostela tivo lugar o 13º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: I Torneo de Xadrez “Cidade de Santiago”, onde preto de 120 xogadores participaron.

Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 18/09/2017)

Campionato de Europa Xuvenil 2017

Rematou o Campionato de Europa Xuvenil 2017 que tivo lugar en Mamaia (Rumania). A delegación española conseguíu unha medalla de Bronce na categoría Sub-18 feminina.

Páxina Oficial do Torneo

Clasificación

Galería de Fotos

IV Torneo Sub-2200

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.

DATAS: 16 e 17 de Setembro de 2017.

LOCAL DE XOGO: Casa das Asociacións – Parque Frigsa (Lugo).

Bases do torneo.

II Abertos de Xadrez Concello de Cabana de Bergantiños e Concello de Mazaricos

II ABERTO DE XADREZ CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

Data: Sábado, 16 de Setembro de 2017.

Local de xogo: Pavillón Polideportivo de Cabana, A Carballa S/N

Participantes: todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido.

Inscricións: xeral 6€, sub-16 3€, locais 3€, de balde GM-MI. Pódese realizar no email pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o venres 15 de setembro. 

Bases do torneo.

II ABERTO DE XADREZ CONCELLO DE MAZARICOS.

Data: Domingo, 17 de Setembro de 2017.

Local de xogo: Multiusos da Picota, Estrada Picaraña A Picota – Mazaricos (A Coruña)

Participantes: todos os xogadores deben estar federados, o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Se algún quere federarse pode facerse ata día 1.

Inscricións: xeral 6€, sub-16 3€, locais 3€, exentos GM-MI. Pódese realizar no email pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o sábado 16 de setembro. 

Bases do torneo.

X Torneo Dolce Vita Odeón 2017 – Cidade de Narón

O Sabado, 09 de Setembro no Centro Social Alto do Castaño (Narón – A Coruña) tivo lugar o 12º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: X Torneo Dolce Vita Odeón 2017 – Cidade de Narón, onde participaron preto de 50 xogadores.

Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 11/09/2017).

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies