Campionato Galego “Xunta de Galicia” Sub 08 2024

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego  “Xunta de Galicia ” Sub-08 2024.

O xogador da Escola Ames Xadrez,  Fernando Carregal Toledo proclamouse Campión,  Anna Soares Barreiro (C.X. As Burgas) quedou en segundo lugar na Xeral e Primeira Clasificada Feminina e  Manuel Rios Delgado (Ajedrez Lucena) o 3º clasificado.

Toda a información, neste enlace.

Parabéns a todos!

Campionatos Galegos Entroido 2024 “Xunta de Galicia”

Rematado o prazo de inscrición, publícanse os enlaces de Info64 das diferentes categorías a celebrar no Hotel Scala (Padrón) do 10 ao 13 de Febreiro de 2024:

Campionato Galego Sub-08 2024.

Campionato Galego Sub-14 2024.

Campionato Galego Sub-18 2024.

Retransmisión:

Campionato Galego Sub-08 2024.

Campionato Galego Sub-14 2024.

Campionato Galego Sub-18 2024.

Toda a información, neste enlace.

IX Campionato de España Escolar por Equipos. Categorías Sub-12 e Sub-18 2024

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 02/2024 convoca o IX Campionato de España Escolar por Equipos. Categorías Sub-12 e Sub-18 2024.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Provinciais 2024 “Xunta de Galicia”

Este fin de semana terá lugar a categoría Absoluta dos Campionatos Provinciais de Ourense “Xunta de Galicia”. Enlace a Info64.

Máis información dos Campionatos Provinciais 2024 “Xunta de Galicia”, neste enlace.

XXXV Circuito Galego de Xadrez 2024

Dando continuidade ao circuito internacional celebrado o ano pasado, desde a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2024.

O prazo de solicitude de inscrición de torneos permanecerá aberto ata o 07 de Febreiro de 2024 (incluído). As entidades interesadas deberán enviar o formulario de coordinación (formato pdf, formato word ou formato OpenOffice)debidamente cumplimentado ao e-mail fegaxa@fegaxa.org. Se non se recibe o formulario dalgún dos torneos, entenderase que este ano non terá lugar.

O Sábado, 10 de Febreiro de 2024 ás 18:00 horas terá lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a reunión de organizadores da anterior edición e outros que o soliciten fehacentemente.

Torneos Febreiro 2024- Actualizado

Publicanse as bases dos torneos organizados polas diferentes entidades que terán lugar en Febreiro do 2024.

Enlace Otros Torneos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies