XX Campionato de España Individual de Veteranos 2023

Onte finalizou no  Hotel Evenia Zoraida Resort de Roquetas de Mar (Almería) o Campionato de España Individual de Veteráns 2023  +50 anos  e +65 anos. O IM José Antonio Lacasa Díaz  proclamouse Campión na  Categoría +50 anos, e na categoría +65 anos ol GM José Luis Fernández García.

Dos xogadores galegos Juan Roberto Patiño Romaris  obtivo o posto 23 con 5.5 puntos  na categoría + 50 e na categoría de + 65  o mellor clasificado foi  Fernando Casares Ripol no posto 26 con 5 puntos.

Parabéns a todos os participantes.

Enlace Info64 +50

Enlace Info64 +65

Retransmisión en directo

Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2023

A Federación Galega de Xadrez a través da súa circular 06/2023 publica as xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2023.

Pódese consultar no seguinte enlace.

Mañá (28/09/2023)  ás 12:00 horas remata o prazo de confirmación de inscrición ás xornadas e adestramentos deportivos 2023/2024. No e-mail fegaxa@fegaxa.org.

III Torneo Promoción Xadrez Narón

O sábado 30 de setembro  tivo lugar a clausura e entrega de premios do XII TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023,  III Torneo Promoción Xadrez Narón con cerca de 50 xogadores participantes.

Toda a información do torneo encontrarase no seguinte enlace.

Para máis información do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023, aquí.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12 y Sub-14.

Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023 (actualizado o 05/10/2023).

 

Campionato de España de Xadrez Rápido por Equipos de Club 2023

Onte tivo lugar na sala multiusos La Central (Úbeda) a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Rápido, o Club de Ajedrez DuoBeniaján Costa Cálida de Murcia proclamouse Campion con 16 puntos.

Dos equipos Galegos  o Xadrez: Estratexia pola Paz  obtivo o posto 17 e o Club Deportivo Marquiño o 18, ambos con 9 puntos.

Info64

XXIX Memorial Adolfo Pedrido

O sábado 23 de setembro  tivo lugar a clausura e entrega de premios do XI TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023,  XXIX Memorial Adolfo Pedride con cerca de 100 xogadores participantes.

Toda a información do torneo encontrarase no seguinte enlace.

Para máis información do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023, aquí.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12 y Sub-14.

Clasificación Provisional del XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023 (actualizado el 25/09/2023).

Campionato del Mundo 2023

A Feda a través das seguintes circulares, convoca os Campeonatos del Mundo  2023:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies