Campionatos de España 2023

A Feda a través das seguintes circulares, convoca novos Campionatos de España 2023:.

Campionato de España de Afeccionados 2023

O sábado 2 de setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios  do Campionato de España de Afeccionados 2023 Tramos de Elo 1700- 2000- 2300.  Proclamaronse Campións Miguel Sala Esquiva da Comunidad Valenciana (Sub1700), Víctor Arce Benito de Castilla e León (Sub2000) e Daniel Romero Pallares de Aragón (Sub2300).

O xogador Galego mellor clasificado no Tramo de Elo 2000 foi Hugo Dominguez Conde (Escola Xadrez Compostela) no posto 18  e no Tramo de Elo 2300 Martin Gomez Carreño (Xadrez Ourense) no posto 38.

Retransimisión en directo, neste enlace.

Enlace Info64, Tramo-1700; Tramo-2000 y Tramo-2300

VI Aberto Concello de Carballo Clásico

O Venrés 01 de Setembro de 2023, tivo lugar o 6º e derradeiro torneo pertencente ao calendario do XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023:  VI Aberto Carballo Clásico onde o IM Lennis Martinez Ramirez  proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos seguido do GM Aleksa Strikovic con 7 puntos.

D. Lennis Martinez Ramirez proclamouse Campión do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 con 5 participacións e 4 torneos puntuados obtendo os 46 puntos que o proclama vencedor deste ano.

Lembramos que, atendendo ás bases do XXXIV Circuito Galego de Xadrez para poder obtar aos premios da clasificación xeral do mesmo se solicitan, polo menos, 4 participacións.

Enlace Info64

Clasificación Final del XXXIV Circuito Gallego de Ajedrez 2023 (Actualizado 21/09/2023)

XIV Torneo Internacional Concello de Rianxo

O domingo 03 de setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do  VII TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023,  XIV Torneo Concello de Rianxo con cerca de 100 xogadores participantes.

Máis información do torneo, neste enlace.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12 y Sub-14.

Clasificacion Provisional XVI Circuito Galego Xadrez Promoción2023 (actualizado el 04/09/2023).

Campionato de España por equipos de Club de Primeira División 2023.

O sábado, 26 de Agosto de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) do Campionato de España por equipos de Club de Primeira División 2023.

8 equipos participantes onde o FCC Medio Ambiente Benalmádena e o Sestao Hotel Naval obtiveron praza de ascenso á División de Honra 2024 ao obter o 1º e 2º posto, respectivamente.

O C.D. Xadrez Ourense obtivo o 4º posto con 9,0 puntos, permanecendo en primeira División para o 2024 e o C.X. Fontecarmoa – Viajes Interrias Sanxenxo obtivo o 8º posto con 1,0 punto descendendo á Segunda División para o 2024.

Máis información no seguinte enlace.

IX Aberto Internacional de Xadrez Hotel Cemar

Onte, domingo 20 de Agosto de 2023, tivo lugar a clausura e entrega de premios do V TORNEO PERTENCENTE AO XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023: IX Aberto Internacional de Xadrez Hotel Cemar onde o xogador do Club de Ajedrez Padrón e MI Diego Espiñeira González proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos.

Enlace Info64

Lémbrase que para optar aos premios da Clasificación Xeral do XXXIV Circuito Galego de Xadrez, haberá que participar en, polo menos, 4 dos torneos:  Clasificación Provisional do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 (Actualizado 21/08/2023)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies