Federación Galega de Xadrez
Luis Ksado (fotógrafo)17, 36209 VIGO
Tlf - Fax: 986 23 79 45 - Móvil: 651 99 64 58
Email: fegaxa@fegaxa.com




Xunta Directiva | Sede Federativa | Estatutos | Circulares FEGAXA/FEDA | Asambleas | Expedientes Juez Unico
Concentracións
Listado de enderezos
Monitores Titulados
Arbitros Titulados
Calendario de Actividades | Táboa Torneos 2005/06 | Circuito Galego | Campeonatos de España
Última Actualización 28/02/08 : Iván Salgado G.M., Concentración Sub-14 e Sub-16

Iván Salgado López ( da «Escuela Internacional Kasparov-Marcote» ) recibiu a felicitación da Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, tras lograr o título de Gran Mestre Internacional no «Open de Capelle la Grande» ( Francia ). Deste xeito convírtese no primeiro galego na historia en conseguir o título, así como no español máis novo en obtelo.

Concentración deportiva no Hotel Scala ( Padrón ) o día 2 de Marzo. O horario será o de costume ( a entrada será ás 11:00 horas da mañá e a saída ás 19:00 horas ). Convoca Daniel Rivera ( Seleccionador Galego ). Prégase ós delegados dos clubes dos convocados confirmen a participación de estes antes do xoves 28 ás 19:00 horas na FEGAXA. Consúltese a lista provisoria de convocados.

O día 2 de Marzo celebranse os zonais Sub-10 e Sub-12 de A Coruña, en Sigrás - Cambre (A Coruña).

Miguel Senlle Caride ( Univ. de Vigo ) e Daniel López Garrido ( X. Ourense ), gañaron nas categorías Senior e Sub-16, respectivamente. Nas categorías Sub-14, Sub-12 e Sub-10, os campións foron Sergio Lomba Glez. ( Albatros ), Luis Segura Santos ( Fontecarmoa ) e Gabriel Roma Barge ( X. Ourense ).
Ademais en www.ourenxadrez.net pódense ver as bases, os premios e as fotos do torneo e da entrega de premios, así como o video de presentación do torneo de Leontxo Garía.

Curso de Árbitro Autonómico e Solicitude de Arbitraxe para os Ctos. Galegos

Os días 20, 21 e 22 de Marzo, no Hotel Scala (Padrón), tenrá lugar un Curso de Árbitro Autonómico. Máis información está dispoñible en pdf o en doc (comprimido). O prazo de inscrición remata o 15 de Marzo. Ademais pódense presentar as solicitudes para arbitrar os Ctos. Galegos de Semana Santa. Máis información en pdf e doc (comprimido).
O prazo de solicitude finaliza o 7 de Marzo ás 13:00 horas.

Preséntase o III Circuito Galego Escolar 2008.

Este Domingo 24 de Febreiro, a partir das 16:00 horas no recinto de Expourense, celebrarase este evento xadrecístico que conta con múltiples premios e agasallos en diversas categorías (5). Baixo a dirección técnica do C. Xadrez Ourense e coa colaboración da Asociación Ourensana de Xadrez, as bases e máis información están dispoñibles en www.ourenxadrez.net.

Do 15 ao 21 de Marzo celebraranse os Campionatos Galegos Sub10, Sub12, Sub16, Absoluto, Feminino e Veteráns, no Hotel Scala, Padrón ( A Coruña ). Prazo de inscrición ata o 10 de Marzo.

Nova concentración no Hotel Scala ( Padrón ) o día 24 de Febreiro. O horario será o de costume ( a entrada será ás 11:00 horas da mañá e a saída ás 19:00 horas ). Convoca Daniel Rivera ( Seleccionador Galego ). Prégase ós delegados dos clubes dos convocados confirmen a participación de estes antes do xoves 21 ás 19:00 horas na FEGAXA. Pódese consultar a lista provisoria de convocados.

Concentración feminina no Hotel Scala ( Padrón ) o día 17 de Febreiro. A entrada será ás 11:00 horas da mañá e a saída ás 19:00 horas. Convoca Daniel Rivera ( Seleccionador Galego ). Prégase ós delegados dos clubes das convocadas confirmen a participación de estas antes do xoves 14 ás 19:00 horas na FEGAXA. Débese consultar a lista provisoria de convocadas.

Fotos dos Ctos. Galegos Sub-14 e Sub-18, celebrados en Pontedeume ( A Coruña ), do 2 ao 5 de Febreiro do 2008.
Campión Sub-18: Miguel Senlle Caride ( Universidade de Vigo ).
Campiona Sub-18 : Carmen López Graña ( C.F.X. )
Campión Sub-14: Samuel Villar Pérez ( Universidade de Vigo ).
Campiona Sub-14 : María González Campo ( ONCE Vigo ).

Subvencións ao deporte das Deputacións de A Coruña, Ourense e Pontevedra

Convocatoria de programas de apoio ó deporte xeral e federado dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2008, da Deputación de A Coruña. Os impresos para subvencións e máis información en www.dicoruna.es. O prazo remata o 29 de Febreiro de 2008. ( Tamén hai axudas dirixidas a concellos, cos mesmos prazos.)

Concurso público para a concesión de subvencións a Entidades Deportivas de Ourense para o exercicio 2008, da Deputación de Ourense. As bases en pdf e anexos en doc están dispoñibles na páxina da Deputación. O prazo improrrogable de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia ( publicación o 19 de Xaneiro de 2008 ).

Subvencións da Deputación de Pontevedra para actividades deportivas e infraestructuras e para apoiar o deporte de competición federado. Os formularios para as primeiras (actividades deportivas e infraestructuras) e para as segundas ( deporte federado ) están na páxina da Deputación de Pontevedra. O prazo rematará o 28 de Febreiro de 2008.

Está dispoñible o Calendario Deportivo 2008 en pdf e doc.

Concentración mixta de tódalas categorías no Hotel Scala ( Padrón ) o día 27. A entrada será ás 11:00 horas da mañá e a saída ás 19:00 horas. Convoca Daniel Rivera ( Seleccionador Galego ). Confírmese antes do xoves 24 ás 19:00 horas na FEGAXA. Débese consultar a lista de convocados.

Concentración feminina no Hotel Scala ( Padrón ) o día 20. A entrada será ás 11:00 horas da mañá e a saída ás 19:00 horas. Convoca Daniel Rivera ( Seleccionador Galego ). O prazo de confirmación é ata o xoves 17 ás 19:00 horas na FEGAXA. Débese consultar a lista de convocadas.

A FEDA publicou a circular 02/2008, referente á revisión do censo electoral, para as eleccións que se celebrarán este ano. A circular ten data do 10 de Xaneiro de 2008 e establece o prazo de 15 días naturais de exposición pública do censo electoral inicial na FEDA e nas federaciónes autonómicas e o de reclamación no mesmo periodo.

Mondariz e Barrocás

Comezaron os torneos do Festival Gema en Mondariz-Balneario, o Aberto (Sub-2250), e os pechados, Categoría X, no que participan Diego Suárez e David Lariño, e Categoría IV, no que participan Manuel Pena e Pablo García. .

Asimesmo comenzou o torneo «Aninovo Barrocás». O día 30 celébrase o das categorías Infantil, Alevín e Benxamín.

Torneos de Nadal

Nadal 2007 en Carral, «Aninovo Barrocas» en Ourense e Festival de Ajedrez Gema en Mondariz, conforman, ademais dos zonais, unha oferta de torneos para estas datas.

Zonais

Esta fin de semana celebraranse os zonais Sub-16, Sub-14, Sub-12 e Sub-10 de Pontevedra Norte , no Instituto Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

Do 6 ao 9 de Decembro disputaranse en Pobra do Caramiñal os zonais Absoluto e Sub-18 da delegación de Coruña Sur. Comezará o 6 ás 16:00 horas.

Os días 15 y 16 de Decembro xóganse na capital os zonais Absoluto e Sub-18 da delegación de Pontevedra Norte. Os días 22 e 23 disputaranse en Vilagarcía os zonais nas restantes categorías.

Aprobados no test do Curso de Monitores celebrado en Lugo. Tamén unhas notas sobre o traballo práctico.

Rematou o Cto. Mundial Sub-16 que se celebrou na cidade turca de Kemer (Antalya). Iván Salgado (actual campión de España) finalizou 15º.

Notas do curso de árbitros do pasado fin de semana.

Este sábado 24 e domingo 25 de Novembro terá lugar en Lugo un curso de Monitores e Árbitros de base ( o 24 o de monitores e o 25 o de árbitros). A información completa en pdf e en word. Inscricións na fegaxa.

O 24 e 25 de Novembro celébrase outra edición máis do «Peón de Oro» por Equipos en Mondariz-Balneario. O prazo límite de inscrición é o mércores 21. Máis información na web de «Ajedrez Marcote».

Tamén están dispoñibles as bases do Festival que se celebra cada ano en datas do Nadal. Constará de varios pechados e un Open Sub-2250, entre outros eventos.

O sábado 17 disputouse o I Match entre Galicia e Soriano (Uruguay) por Internet, con gran éxito de difusión. As partidas foron retransmitidas pola plataforma Shirov Online

.

Zonais

Este sábado 17 comezan o zonal na delegación Pontevedra-Sur e na «Costa da Morte».

Fichas Federativas

Ao longo desta semana os clubes recibirán a documentación para poder federarse.

Fichas en branco para cumprimentar:

Ascensos e descensos.

Zonais

Queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para organizar os campionatos zonais. O prazo ordinario rematará o 2 de Novembro.

Torneos ODEÓN ( Narón )

Antonio Pazos Porta foi o vencedor do torneo absoluto, ao superar en desempate a Carlos Permuy Lorenzo, ambolos dous con 6 puntos. Diego Guerra Bastida foi 3º , con 5 puntos.

Iria Ares Campo finalizou 3ª, cos mesmos puntos ca vencedora ( Monica Cazetta ), na clasificación do Cto. de España Feminino que se celebrou en Socuéllanos ( Ciudad Real ), do 8 ao 12 de Octubre. Pódese consultar toda a información do torneo na páxina da FEDA.

Escríbenos | ©2007 Fegaxa