Galicia/Galiza

III Torneo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo

Sanxenxo. Pontevedra

Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo. Contumil-Nantes. Sanxenxo WEB

21 de xuño de 2008 Resultados

Informa: David Dezagoire Director Torneo

En españolEn galego

Bases:

Sistema de xogo: Suizo a 8 roldas

Datas: 21 de xuño 2008

Organización, inscrición e local de xogo:
Circulo Cultural Deportivo Sanxenxo. Contumil – Nantes 36960 Sanxenxo

Inscrición:

Por e-mail ou teléfono.
Telefonos: 670 449 071
E-mail: dadeza@telefonica.net

Remata o 20 de xuño ás 18,00 horas.
Deberán indicar nome, teléfono e Club.

Director técnico: David Dezagoire (Teléfono: 670 449 071)

Axudante Dirección: David Torres Domínguez (Teléfono: 649 719 310)

Bases

1.- O torneo xogarase por sistema Suízo a 8 roldas.

2.- Poderán participar todos os xogadores que o soliciten ata un máximo de 70.

3.- As sesións de xogo comezarán o sábado día 21 ás 10,30 horas.

4.- Cada xogador deberá efectuar todos os seus movementos en 15 minutos e a anotación será opcional.

5.- A todos os efectos rexerá o Regulamento de Xadrez rápido aprobado en Asemblea Xeral da FIDE.

6.- Sistema de desempate: Bucholz medio, Bucholz total, Progresivo e Partida de desempate

7.- O prazo de inscrición remata o venres día 20 ás 18,00 horas, non admitíndose inscricións o día do torneo. O abono da mesma será antes das 10,15 do día 21. Os Importes das inscricións serán:

Xeral:  6,00 €
Xogadores + 2300 ELO FIDE: De Balde.
Xogadores Sub-12: 2,00 €

8.- Os premios do torneo non serán divisibles nin acumulables. Repartiranse por estrito orde de clasificación. No caso de obterse dous ou máis premios, adxudicarase o maior. Se fosen os montos dos premios iguais, seguirase o seguinte orde: 1º Xeral; 2º Premios de franxa de ELO; 3º Categoría. Para recoller o premio é imprescindible estar presente.

9.- As decisións da Comisión de arbitraxe serán inapelables. O Comité estará formado polo Director do torneo e dous xogadores. O emparellamento farase por medio dun programa informático e non se poderá reclamar.

10.- A organización resérvase o dereito a modificar as bases do torneo sen outra obriga que pubricalas na páxina web:  www.ccdsanxenxo.com

11.- A participación no Torneo implica a aceptación das presentes bases.

Premios:

Xeral:
Primeiro: 450,00 € + Trofeo
Segundo: 200,00 € + Trofeo
Terceiro: 100,00 € + Trofeo
Cuarto: 50,00 €
Quinto: 50,00 €
Sexto: 25,00 €
Sétimo: 25,00 €
Oitavo: 25,00 €

Locais:
Primeiro: 30,00 € + Trofeo
Segundo: 10,00 € + Trofeo

Categoría Sub-12:
Primeiro: Trofeo + Agasallo
Segundo: Trofeo + Agasallo
Terceiro: Trofeo + Agasallo

Premio Especial Sub-2000 ELO FIDE: 100,00 €

Horarios:

Sábado 21 de xuño
10,00: Acreditación
10,30: 1ª rolda
11,15: 2ª rolda
12,00: 3ª rolda
12,45: 4ª rolda
16,30: 5ª rolda
17,15: 6ª rolda
18,00: 7ª rolda
18,45: 8ª rolda
19,40: Entrega de premios


Organiza:

Logo
Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo

http://www.ccdsanxenxo.com/

Patrocinan:

Concello de Sanxenxo

Logo