Daily Archives: 16 de Setembro de 2021

PR949A: Equipamentos Deportivos – Resolución e nova convocatoria

No día de hoxe, no DOG, publicáronse as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 5 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Publicación no DOG da listaxe definitiva, neste enlace.

Asemade, no mesmo DOG,  publícase a resolución 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A) por un importe de  1.910.000  euros.

Informar que segundo o artigo 4 desta resolución non é necesario a presentación dunha nova solicitude por parte das entidades solicitantes ao amparo da Resolución do 5 de xaneiro de 2021, cuxa solicitude fose desestimada en base á non dispoñibilidade de crédito desa convocatoria. Neste suposto, o inicio do procedemento será de oficio pola Administración (a Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes á presente convocatoria).

Toda a información, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies