Liga Galega por equipos de Club 2026

O próximo sábado 18 de abril terá lugar a 10ª rolda da Liga Galega por equipos de Club 2026, na División de Honra o equipo Club Deportivo Xadrez Ourense A sitúase provisionalmente no primeiro posto con 40 puntos, seguido do E.L.X. con 36, 5 puntos e o Xadrez: Estratexia pola Paz con 36 puntos.

Rematada a categoría Preferente, terá lugar o encontro entre os campións de cada grupo (Bóveda-Mirko vs Liceo Grupo A. Postal) para determinar quen será o Campión da categoría Preferente 2026. Tamén terá  lugar a promoción de ascenso a División de Honra 2027 entre os 2º clasificados (ClubEXA A vs C.R. Rianxo). Toda a información neste enlace. Toda a información do desempate, neste enlace.

Lembramos que atendendo á circular 03/2026 todo xogador para competir na Liga Galega por equipos de club 2026 deberá estar federado e alineado a través do programa Xefega.

Regulamento do Título VIII – Liga Galega por equipos de Club.

Convocatoria arbitraxes Campionatos “Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026

A Federación Galega de Xadrez abre o prazo de solicitudes para actuar como árbitro nos Campionatos Galegos por equipos de Club 2026 (Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido) que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón – A Coruña) o 16 e 17 de Maio de 2026.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o Xoves, 23/04/2026 (incluído).

Toda a información, neste enlace.

Asembleas Ordinaria e Extraordinaria da FEGAXA

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Data: Sábado, 02 de Maio de 2026.

Lugar: no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra)

Horario: ás 11:00 horas na primeira convocatoria e ás 11:30 horas na segunda convocatoria.

Orde do día.

Máis información, neste enlace.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Data: Sábado, 02 de Maio de 2026.

Lugar: no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra)

Horario: ás 12:00 horas na primeira convocatoria e ás 12:30 horas na segunda convocatoria.

Orde do día.

Máis información, neste enlace.

 

Falece D. Ernesto Pérez Ramil

A Federación Galega de Xadrez e todo o xadrez galego damos o máis sentido pésame á familia, club e amigos de D. Ernesto Pérez Ramil polo seu falecemento.- DEP.

XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026

A Federación Galega de Xadrez pubrica o calendario do XIX Circuito Galego Promoción 2026. Toda a información neste enlace.

Campionatos “Xunta de Galicia” Absolutos 2026

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos “Xunta de Galicia” Absoluto, Feminino e Veterán 2026.

O xogador da Sección Deportiva USC, Diego Cacheiro Blanco, proclamouse Campión con 7,5 puntos dos 8 posibles.  Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o Subcampión con 6,5 puntos e Bernardo Rebollo Montes (Escola Xadrez Pontevedra) o 3º clasificado con 6,5 puntos. Lidia Karen Zapata Campos do Xadrez Benchoshey acadou o 17º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Nas categorías Veteráns, D. Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o  1º veterano +50 no 2º posto con 6,5 puntos e na categoría veterana + 65  o 1º foi D. Matias Xosé Gonzalez-Chas Pico (Escola Técnica da Coruña) no posto 65º con 4 puntos.

Toda a información neste enlace.

Enlace Info64: categoría Absoluta.

Enlaces Retransmisión: categoría Absoluta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies