Convocatoria Campionato de España por equipos 1ª División Grupo I
Representantes galegos: 2 (Club Universidade de Vigo, Club Círculo Ferrolano de Ajedrez).
En Aberto: libre segundo instrucións FEDA.
Lugar de xogo: Hotel Sensi Park de Lleida.
Datas : do 13 ao 17 de agosto de 2008.
Inscricións e prazos: ata o día 7 de xullo de 2008 PDF Documentación a Presentar
Máis información en www.feda.org
Convocatoria do Campionato de España Sub-8.
En Motril, Granada. Comeza o 20 de xuño e finaliza o 22 de xuño. O prazo de inscrición remata o 6 de xuño.
Hai que facer a inscrición a través da Federación Galega de Xadrez Máis Información
AVISO IMPORTANTE
Rógase aos Delegados dos equipos de Primeira e Segunda que, despois de finalizar a rolda 13 e última do Campionato de Liga, envíen urxentemente asactas, ou mellor que as adianten por Fax ao 986 237 945, ou ben as envíen por email a esta Federación, para que o Luns 28 de abril estean todas as actas a disposición da Federación co obxecto de poder Certificar a Liga o antes posible. Grazas
Axudas para a promoción do deporte galego
Subvencións para infraestructuras deportivas e adquisición de equipamentos.
Información completa na páxina web do deporte galego Web Deporte Galego
Reunión da Asamblea Xeral Ordinaria:
Convócase aos membros da asemblea xeral da Fegaxa para o vindeiro
día 30 de marzo ás 11,30 horas no hotel Scala de Padrón Orde do día: Formato Doc | Formato PDF
Campionatos Galegos Sub 10 | Sub 12 | Sub 16 | Absoluto | Vídeos | Fotos Retransmisión en Directo
Padrón. A Coruña, do 15 ao 21 de marzo de 2008
Campión Sub-10: Fernando Chao Vale ( Viveiro ).
Campiona Sub-10: María González Lorenzo ( Villa de Bouzas)
Campión Sub-12: Luis Segura Santos ( Fontecarmoa ).
Campiona Sub-12: Barbara Sierra Castro ( Xadrez Portas )
Campión Sub-16: Miguel Millán Soto ( C. Ferrolano ).
Campiona Sub-16: Henar Lorenzo Serrano ( A. Bóveda )
Campión Absoluto: Pablo García Castro ( U. Vigo )
Campiona Absoluto: Iria Ares Campo ( A. Bóveda )
Campión Veteráns: Joaquín Bello (Liceo Ourense)
Reunión da Comisión Delegada:
Convócase aos membros da comision delegada da Fegaxa para reunion ordinaria o vindeiro día 16 de marzo ás 12,00 horas no hotel Scala de Padrón.
Recepción a Iván Salgado na Dirección Xeral para o Deporte Iván Salgado López ( da «Escuela Internacional Kasparov-Marcote» ) recibiu a felicitación da Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, tras lograr o título de Gran Mestre Internacional no «Open de Capelle la Grande» ( Francia ). Deste xeito convírtese no primeiro galego na historia en conseguir o título, así como no español máis novo en obtelo.
Concentración Deportiva Sub-14 e Sub-16
Concentración deportiva no Hotel Scala ( Padrón ) o día 2 de Marzo. O horario será o de costume ( a entrada será ás 11:00 horas da mañá e a saída ás 19:00 horas ). Convoca Daniel Rivera ( Seleccionador Galego ). Prégase ós delegados dos clubes dos convocados confirmen a participación de estes antes do xoves 28 ás 19:00 horas na FEGAXA. Consúltese a lista provisoria de convocados.
Campionatos Galegos Sub 18
Pontedeume. A Coruña, del 2 ao 5 de febreiro de 2008
Campión Sub-18: Miguel Senlle Caride ( Universidade de Vigo ).
Campiona Sub-18 : Carmen López Graña ( C.F.X. )
Campionatos Galegos Sub 14
Pontedeume. A Coruña, do 2 ao 5 de febreiro de 2008
Campión Sub-14: Samuel Villar Pérez ( Universidade de Vigo ).
Campiona Sub-14 : María González Campo ( ONCE Vigo ).
Subvencións ao deporte das Deputacións de A Coruña, Ourense e Pontevedra
Convocatoria de programas de apoio ó deporte xeral e federado dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2008, da Deputación de A Coruña. Os impresos para subvencións e máis información en www.dicoruna.es. O prazo remata o 29 de Febreiro de 2008. ( Tamén hai axudas dirixidas a concellos, cos mesmos prazos.)
Concurso público para a concesión de subvencións a Entidades Deportivas de Ourense para o exercicio 2008, da Deputación de Ourense. As bases en pdf e anexos en doc están dispoñibles na páxina da Deputación. O prazo improrrogable de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia ( publicación o 19 de Xaneiro de 2008 ).