Liga Galega por equipos de Club 2026
O próximo sábado 11 de abril terá lugar a 9ª rolda da Liga Galega por equipos de Club 2026, na División de Honra o equipo Club Deportivo Xadrez Ourense A sitúase provisionalmente no primeiro posto con 35 puntos. En Preferente grupo A, o equipo Bóveda-Mirko con 29,5 puntos sitúase provisionalmente na primeira posición e no grupo B, é o Liceo Grupo A. Postal con 36 puntos o que está no primeiro posto.
Lembramos que atendendo á circular 03/2026 todo xogador para competir na Liga Galega por equipos de club 2026 deberá estar federado e alineado a través do programa Xefega.
Regulamento do Título VIII – Liga Galega por equipos de Club.
XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026
A Federación Galega de Xadrez pubrica o calendario do XIX Circuito Galego Promoción 2026. Toda a información neste enlace.
Campionatos “Xunta de Galicia” Absolutos 2026
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos “Xunta de Galicia” Absoluto, Feminino e Veterán 2026.
O xogador da Sección Deportiva USC, Diego Cacheiro Blanco, proclamouse Campión con 7,5 puntos dos 8 posibles. Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o Subcampión con 6,5 puntos e Bernardo Rebollo Montes (Escola Xadrez Pontevedra) o 3º clasificado con 6,5 puntos. Lidia Karen Zapata Campos do Xadrez Benchoshey acadou o 17º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Nas categorías Veteráns, D. Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o 1º veterano +50 no 2º posto con 6,5 puntos e na categoría veterana + 65 o 1º foi D. Matias Xosé Gonzalez-Chas Pico (Escola Técnica da Coruña) no posto 65º con 4 puntos.
Toda a información neste enlace.
Enlace Info64: categoría Absoluta.
Enlaces Retransmisión: categoría Absoluta.
Campionato “Xunta de Galicia” Sub-16 2026
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) do Campionato “Xunta de Galicia” Sub-16 2026.
O xogador do Club de Ajedrez Lucena, David Álvarez González, proclamouse Campión con 7 puntos dos 8 posibles. Uxío Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa Xadrez) foi o Subcampión con 6,5 puntos e Nicolás Fernández Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado con 6 puntos. Noa López Freiría do Club de Ajedrez Lucena acadou o 20º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
¡Parabéns a todos!
Enlace Info64: categoría Sub-16
Enlace Retransmisión: categoría Sub-16
Campionato “Xunta de Galicia” Sub 10 e Sub12
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos de Semana Santa 2026 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-10 Open e Sub-12 Open.
Na Categoría Sub-10, o xogador do Club Ajedrez Padrón, Fernando Carregal Toledo, proclamouse Campión, Manuel Rios Delgado (Club Ajedrez Lucena) foi o Subcampión e Pablo Lomba Castro (Club Xadrez Laroca) o 3º clasificado. Anna Soares Barreiro (xogadora independente) acadou o 6º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Na Categoría Sub-12, proclamouse Campión o xogador Javier Lema Fernández (Escola Xadrez Pontevedra), Martín González Rivero (Xadrez Mos) foi o Subcampión e Xoel Roo Perez (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Emma Etterbeek Pombo (Xadrez Mirko) acadou o 9º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
¡Parabéns a todos!
Enlaces Info64: categoría Sub-10 e categoría Sub-12.
Enlaces Retransmisión: categoría Sub-10, categoría Sub-12,
Xornada aprazada
Tal e como publicouse o pasado 23/02/2026, mañá 19/03/2026 terá lugar a rolda aprazada polas condicións meteorolóxicas adversas.
Para as alineacións da xornada de mañá, terase en conta as ordes de forza establecidas nas roldas xa xogadas xa que prima a data de celebración da mesma. E tamén terase que ter en conta o citado nos apartados 3.7, 3.9 e 6.3 do artigo 62 do Regulamento Xeral de Competicións.














