Monthly Archives: Agosto 2026

Campionatos do Mundo Sub-7 a Sub-17 – Inscricións

A FEDA a través da súa circular 31/2026 pubrica os pasos a seguir para as inscricións aos Campionatos do Mundo Sub-7 a Sub-17 que terán lugar en Roquetas de Mar (Almería) do 13 ao 21 de Outubro de 2026.

A inscrición deberá realizarse mediante formulario Online. Quedará aberta desde o día 30/08/2026 e pecharase o día 13/09/2026, ao igual que a reserva de hotel.

Toda a información, nestos enlaces: Circular 30/2026 (Convocatoria) e Circular 31/2026 (Inscricións).

Torneos Setembro 2026

BASES DOS TORNEOS NO PERTENCENTES AOS CALENDARIOS OFICIAIS DA FEGAXA e FEDA.

Enlace Outros Torneos.

I Torneo Vila de Celanova

O Sábado, 29 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º torneo  pertencente ao  XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: I Torneo Vila de Celanova, coa participación de 69 xogadores.

Toda a información nestos enlaces: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12 e categoría Sub-14.

Clasificación Provisional XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026.

XV Memorial Pepiño Rodriguez

O Sábado, 29 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 10º Torneo pertencente ao  XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XV Memorial Pepiño Rodriguez.

O FM Xulio Del Prado Rodríguez (CD Xadrez Ourense) proclamouse campión do torneo con 6,0 puntos dos 7 posibles. O 2º clasificado foi o FM Fernando Sánchez Aller (Club Xadrez Rianxo) tamén con 6,0 puntos e o 3º clasificado o xogador do Círculo Ferrolano, IM Mariano Ortega Amarelle con 5,5 puntos.

Enlace Info64.

Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.

IX Aberto Concello Carballo Clásico

Onte, 27 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 9º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: IX Aberto Concello Carballo Clásico.

O GM Karen Movsziszian proclamouse campión do torneo con 8,0 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o GM Aleksa Strikovic, da Escola Luguesa de Xadrez, con 7,5 puntos e o 3º clasificado o xogador de Didáctica, Abraham Merayo López con 6,5 puntos.

Enlace Info64.

Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.

Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026

Onte, 25 de Agosto de 2026, tivo lugar nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026.

O GM de Andalucía, Alan Pichot e a IM Marta García Martín da Federación Valenciana; proclamáronse Campións de España Absoluto e Feminino 2026.

Os nosos xogadores representantes: Bernardo Rebollo Montes (EX Pontevedra) obtivo o 77º posto con 4,5 puntos e a WIM Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) obtivo 4,0 puntos e o posto 81º da xeral.

Máis información en Info64.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies