Daily Archives: 10 de Agosto de 2026

Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026.

Do 09 ao 12 de Agosto de 2026 no Edificio Calatrava do Palacio de Congresos de Oviedo está tendo lugar o Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026 – Grupo Norte con 6 equipos galegos participantes (CD Marquiño, CX Fontecarmoa, CX Mos, Círculo Ferrolano, Escola Luguesa B e Xadrez: estratexia pola Paz) cun total de 48 xogadores inscritos dos cales 1 MI, 9 MF, 2 WMF, e 4 MC.

Enlace a Info64.

XII Abierto Internacional de Ajedrez Hotel CEMAR

8º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026.

Torneo Tipo A

Datas: do 09 ao 16 de Agosto de 2026.

Local de xogo: Hotel CEMAR sito en Lugar A Rocha, 0 – Mondariz Balneario (Pontevedra)

Bases e inscricións

Enlace Info64

IX Aberto Concello Carballo Clásico

9º Torneo pertencente ao  XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026.

Torneo Tipo A

Datas: do 21 ao 27 de Agosto de 2026.

Local de xogo: Mercado Municipal de Abastos, Planta alta

Bases e inscricións

Enlace Info64.

Campionatos de España 2026: Afeccionados e Xadrez Inclusivo

A Federación Española de Ajedrez a través das súas circulares 27/2026 e 28/2026 convoca:

Circular FEDA 27/2026 – Campionato de España de Afeccionados 2026 – Tramos Elo -1700, -2000 e -2300.

Datas: do 29 de Agosto ao 04 de Setembro de 2026.

Lugar: Hotel Spa Villa Pasiega

Inscrición: cota de 45,00 € e ata o 20/08/2026 a través da App da FEDA.

Circular FEDA 28/2026 – Campionato de España Individual de Xadrez Inclusivo.

Datas: do 25 ao 27 de Setembro de 2026.

Lugar: Hotel Evania Zoraida Garden – Roquetas de Mar (Almería).

Inscrición: cota (ver circular) e ata o 18/09/2026 no correo fada@fadajedrez.com.

 

XLI Open Internacional de Ajedrez Albariño

O Sábado, 08 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XLI Open Internacional de Ajedrez Albariño.

O xogador do CD Xadrez Ourense, o FM Xulio Del Prado Rodríguez proclamouse campión do torneo con 9 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o FM Mario Alexis Arias Gaviria do AA Armagedón con 8,0 puntos e o 3º clasificado o IM Diego A. Espiñeira González do Club de Ajedrez Padrón con 7,0 puntos.

Enlace Info64

Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.

Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2026

O Sábado, 08 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Guadiana de Ciudad Real do Campionato de España Individual Xuvenil Sub 18, o xogador andaluz IM Lorenzo Perea Fruet e a xogadora catalana WFM Julia Pinyol i Llora proclamáronse Campións de España de Xadrez na categoría Sub 18.

Dos xogadores galegos participantes, o mellor clasificado foi o xogador FM Diego Cacheiro Blanco (Sección Deportiva USC) no posto 9º con 6 puntos.

Parabéns!!

Emparellamento e resultados: INFO64 – Sub 18

Galería Fotográfica: Facebook FEDA

Partidas en directo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies