Daily Archives: 31 de Agosto de 2026
Campionatos do Mundo Sub-7 a Sub-17 – Inscricións
A FEDA a través da súa circular 31/2026 pubrica os pasos a seguir para as inscricións aos Campionatos do Mundo Sub-7 a Sub-17 que terán lugar en Roquetas de Mar (Almería) do 13 ao 21 de Outubro de 2026.
A inscrición deberá realizarse mediante formulario Online. Quedará aberta desde o día 30/08/2026 e pecharase o día 13/09/2026, ao igual que a reserva de hotel.
Toda a información, nestos enlaces: Circular 30/2026 (Convocatoria) e Circular 31/2026 (Inscricións).
I Torneo Vila de Celanova
O Sábado, 29 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º torneo pertencente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: I Torneo Vila de Celanova, coa participación de 69 xogadores.
Toda a información nestos enlaces: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026.
XV Memorial Pepiño Rodriguez
O Sábado, 29 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 10º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XV Memorial Pepiño Rodriguez.
O FM Xulio Del Prado Rodríguez (CD Xadrez Ourense) proclamouse campión do torneo con 6,0 puntos dos 7 posibles. O 2º clasificado foi o FM Fernando Sánchez Aller (Club Xadrez Rianxo) tamén con 6,0 puntos e o 3º clasificado o xogador do Círculo Ferrolano, IM Mariano Ortega Amarelle con 5,5 puntos.
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.














