Monthly Archives: Agosto 2026
IX Aberto Concello Carballo Clásico
Onte, 27 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 9º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: IX Aberto Concello Carballo Clásico.
O GM Karen Movsziszian proclamouse campión do torneo con 8,0 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o GM Aleksa Strikovic, da Escola Luguesa de Xadrez, con 7,5 puntos e o 3º clasificado o xogador de Didáctica, Abraham Merayo López con 6,5 puntos.
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026
Onte, 25 de Agosto de 2026, tivo lugar nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026.
O GM de Andalucía, Alan Pichot e a IM Marta García Martín da Federación Valenciana; proclamáronse Campións de España Absoluto e Feminino 2026.
Os nosos xogadores representantes: Bernardo Rebollo Montes (EX Pontevedra) obtivo o 77º posto con 4,5 puntos e a WIM Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) obtivo 4,0 puntos e o posto 81º da xeral.
Máis información en Info64.
XXIII Campionato de España Individual de Veteranos 2026
A Federación Española de Ajedrez a través da circular 29/2026 convoca o XXIII Campionato de España Individual de Veteranos 2026.
Datas: do 02 ao 10 de Outubro de 2026.
Lugar: Hotel Evenia Zoraida Resort (Roquetas de Mar – Almería).
Inscrición: cota de 50,00 € e ata o 20/09/2026 a través da App da FEDA.
Campionatos de España Individuais Lóstrego e Rápidas 2026
O Sábado, 15 de Agosto de 2026 nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Lóstrego 2026 con 8 xogadores galegos, entre eles 1 FM (Pablo López Varela da Escola Luguesa de Xadrez). Proclamouse campión o xogador valenciano GM Jaime Santos Latasa con 9,0 puntos dos 11 posibles e a campioa foi IM Anna Matnadze Bujiashvili con 8 puntos e no posto 15º. O mellor xogador galego clasificado foi Uxío Vilariño Lorenzo da Escola Luguesa de Xadrez con 7,0 puntos no posto 55º.
E o Domingo, 16 de Agosto de 2026, tamén nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido 2026 con 8 xogadores galegos, entre eles 1 WIM (Yudania Hernández Estévez do CD Xadrez Ourense) e 1 FM (Pablo López Varela da Escola Luguesa de Xadrez). Volveu a proclamarse campión o xogador valenciano GM Jaime Santos Latasa con 9,5 puntos dos 11 posibles e como campioa a xogadora do Xadrez Benchoshey a WIM Lidia Karen Zapata Campos con 8,0 puntos e posto 22º.
Toda a información nos seguintes enlaces: Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido.
XII Abierto Internacional de Ajedrez Hotel CEMAR
O Domingo, 16 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 8º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XII Abierto Internacional de Ajedrez Hotel CEMAR.
O xogador francés Erwan Lever proclamouse campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o IM Diego A. Espiñeira González, do Ajedrez Padrón, tamén con 7,5 puntos e o 3º clasificado FM David Gómez Diéguez do CD Xadrez Ourense con 7,0 puntos.
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026.
Onte, 14 de Agosto de 2026, tivo lugar nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) a clausura e entrega de premios do Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026 – Grupo Sur.
Foron 47 equipos participantes e con 13,0 puntos proclamouse Campión, conseguindo o ascenso a Primeira División Nacional 2027, el equipo andaluz C.A. Ciudad de Huelva – López Rodríguez Abogados.
O noso único equipo participante galego (Escola Luguesa de Xadrez A) obtivo o posto 29º con 7,0 puntos.
Destacar a participación da WIM Yudania Hernández Estévez (CD Xadrez Ourense) no único equipo feminino participante (C.A. Linares) conseguindo 9,0 puntos e o posto 11º. Este equipo estaba formado por 6 xogadoras: 2 WGM, 1 WIM e 2 WFM.
Enlace a Info64.
Onte, 12 de Agosto de 2026, tivo lugar no Edificio Calatrava do Palacio de Congresos de Oviedo a clausura e entrega de premios do Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2026 – Grupo Norte.
Un total de 42 equipos inscritos onde o equipo valenciano Silla B con 14,0 puntos proclamouse Campión conseguindo o ascenso a 1ª División categoría nacional para o 2027.
Dos 6 equipos galegos participantes, o Club Xadrez Fontecarmoa obtivo o 4º posto con 10,0 puntos quedando ás portas do podio.
Enlace a Info64.














