Monthly Archives: Agosto 2026
Campionatos de España 2026: Afeccionados e Xadrez Inclusivo
A Federación Española de Ajedrez a través das súas circulares 27/2026 e 28/2026 convoca:
Circular FEDA 27/2026 – Campionato de España de Afeccionados 2026 – Tramos Elo -1700, -2000 e -2300.
Datas: do 29 de Agosto ao 04 de Setembro de 2026.
Lugar: Hotel Spa Villa Pasiega
Inscrición: cota de 45,00 € e ata o 20/08/2026 a través da App da FEDA.
Circular FEDA 28/2026 – Campionato de España Individual de Xadrez Inclusivo.
Datas: do 25 ao 27 de Setembro de 2026.
Lugar: Hotel Evania Zoraida Garden – Roquetas de Mar (Almería).
Inscrición: cota (ver circular) e ata o 18/09/2026 no correo fada@fadajedrez.com.
XLI Open Internacional de Ajedrez Albariño
O Sábado, 08 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: XLI Open Internacional de Ajedrez Albariño.
O xogador do CD Xadrez Ourense, o FM Xulio Del Prado Rodríguez proclamouse campión do torneo con 9 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o FM Mario Alexis Arias Gaviria do AA Armagedón con 8,0 puntos e o 3º clasificado o IM Diego A. Espiñeira González do Club de Ajedrez Padrón con 7,0 puntos.
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2026
O Sábado, 08 de Agosto de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Guadiana de Ciudad Real do Campionato de España Individual Xuvenil Sub 18, o xogador andaluz IM Lorenzo Perea Fruet e a xogadora catalana WFM Julia Pinyol i Llora proclamáronse Campións de España de Xadrez na categoría Sub 18.
Dos xogadores galegos participantes, o mellor clasificado foi o xogador FM Diego Cacheiro Blanco (Sección Deportiva USC) no posto 9º con 6 puntos.
Parabéns!!
Emparellamento e resultados: INFO64 – Sub 18
Galería Fotográfica: Facebook FEDA
IV ERLAC Teresa Herrera A Coruña
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: IV ERLAC Teresa Herrera A Coruña.
O xogador da Escola Xadrez Pontevedra, o FM Rubén Fernández López proclamouse campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles. O 2º clasificado foi o FM Jose Antonio Sande Edreira da Escola Xadrez Mirko con 7,0 puntos e o 3º clasificado Nicolás Fernández Sabajanes da Escola Xadrez Compostela, tamén, con 7,0 puntos.
Noraboa!!
Actualízase a clasificación provisional do Circuito neste enlace.
Campionato de España de Xadrez Rápido Sub-8 a Sub-18 2026
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos de España de Xadrez Rápido Sub-8 a Sub-18 2026 nos salóns Aquario (Torrepacheco).
Con 640 xogadores de todas as Comunidades Autonómas, os nosos mellores xogadores galegos foron: Anna Soares Barreiro (CD Xadrez Ourense) con 6,5 puntos e 2ª clasificada feminina na categoría Sub-10 e o FM Diego Cacheiro Blanco (Sección deportiva USC) no 5º posto con 6,0 puntos.
Noraboa!!
Enlaces Info64: Sub 08, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 y Sub 18.














