Campionatos de España Individuais Lóstrego e Rápidas 2026

O Sábado, 15 de Agosto de 2026 nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Lóstrego 2026 con 8 xogadores galegos, entre eles 1 FM (Pablo López Varela da Escola Luguesa de Xadrez). Proclamouse campión o xogador valenciano GM Jaime Santos Latasa con 9,0 puntos dos 11 posibles e a campioa foi IM Anna Matnadze Bujiashvili con 8 puntos e no posto 15º. O mellor xogador galego clasificado foi Uxío Vilariño Lorenzo  da Escola Luguesa de Xadrez con 7,0 puntos no posto 55º.

E o Domingo, 16 de Agosto de 2026, tamén nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido 2026 con 8 xogadores galegos, entre eles 1 WIM (Yudania Hernández Estévez do CD Xadrez Ourense) e 1 FM (Pablo López Varela da Escola Luguesa de Xadrez). Volveu a proclamarse campión o xogador valenciano GM Jaime Santos Latasa con 9,5 puntos dos 11 posibles e como campioa a xogadora do Xadrez Benchoshey a WIM Lidia Karen Zapata Campos con 8,0 puntos e posto 22º.

Toda a información nos seguintes enlaces: Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies