Daily Archives: 14 de Abril de 2016

Asemblea Xeral Ordinaria

O 29 de Febreiro de 2016 convocouse a Asemblea Xeral Ordinaria:
DATA: Domingo, 20 Marzo 2016.
LUGAR: Hotel Scala de Padrón (A Coruña).
HORA: 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria.

Subvención a clubs deportivos da SXD

Onte, mércores 9 de marzo de 2016, publicouse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, a listaxe cos datos obxecto de valoración para que por parte dos interesados se poidan presentar alegacións no caso de desconformidade.
O prazo para presentar alegacións remata o luns 21 de marzo de 2016.

Información dispoñible, neste enlace.

Seminario entrenadores da FIDE

A Federación Galega de Xadrez (FEGAXA) e á Federación Española Xadrez (FEDA), coa aprobación da Comisión de Entrenadores da FIDE (TRG), convocan un Seminario para a titulación de entrenadores FIDE, a celebrar en Padrón (La Coruña), do 24 ao 27 de marzo de 2016.-
+ INFO: descargar pdf

Convocatoria FEDA aqui

Circular FEGAXA 04/2016: Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva.

A Federación Galega de Xadrez a través da súa circular 04/2016 pubrica os criterios de selección dos xogadores para pertencer aos grupos de tecnificación deportiva 2016.
CIRCULAR FEGAXA 04/2016: Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2016 (Descargar pdf).

XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016.

Pubrícanse as bases do XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016.
O prazo de inscrición de torneos ao circuito pecharase o 20 de marzo de 2016, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2015 e o resto das solicitudes por orde de entrada. Non se aceptarán máis de 20 torneos no Circuito.
Os árbitros principais terán que ter a licenza en vigor (Circular FEGAXA 01/2016) e o título de Árbitro de Base, como mínimo.
Solicitudes de admisión ao Circuito: por correo electrónico a fegaxa@fegaxa.org.

Máis información, neste enlace.

Alineacións Liga Galega por equipos de Club. Tempada 2016.

Atendendo ao apartado 3.6 do artigo 62º do Título VIII: Liga Galega por equipos de Club do Regulamento Xeral de Competicións, lémbrase aos delegados que o prazo máximo para incorporar xogadores aos ordes de forza xa existentes, remata o Xoves, 03 de Marzo de 2016 ás 17:00 horas. Non se aceptarán alineacións rematado dito prazo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies