Monthly Archives: Maio 2016

VII Torneo PonteXadrez ao aire libre 2016

O Sabado, 28 de Maio de 2016 na Praza de España de Pontevedra tivo lugar o VII Torneo PonteXadrez ao Aire Libre 2016, 6º torneo pertencente ao XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016 con preto de 250 xogadores participantes.

Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 30/05/2016)

Máis información do torneo, nos seguintes enlaces: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.

Campionato Europeo Individual Absoluto 2016

Trala finalización do Campionato Europeo Individual, os tres representantes españoles conseguiron situarse entre as 23 primeiras posicións que otorgan plaza directa para a Copa do Mundo. Os tres xogadores xogaron un total de 33 partidas, perdendo sóamente unha. Estos resultados confirman o bo estado de forma do equipo español.

En quinta posición finalizou Francisco Vallejo con 8 puntos e un performance de 2777, o que permitiulle subir 10,6 puntos.  Iván Salgado, con 7,5 puntos, ocupou a decimoséptima posición grazas a un performance de 2686 e unha subida de 11,9 puntos. Cós mesmos 7,5 puntos finalizou en decimonovena posición David Antón cun performance de 2671 e subindo 10,5 puntos.

Grazas a estos magníficos resultados na próxima Copa do Mundo contaremos con tres representantes españoles, un resultado histórico. ¡Noraboa!

Páxina oficial do torneo.

Clasificación final.

III Torneo escolar Ramiro Sabell 2016

O sabado, 21 de Maio de 2016 tivo lugar no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas o 5º torneo pertencente ao XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016: III Torneo escolar Ramiro Sabell 2016 onde participaron preto de 120 xogadores.

Máis información do torneo: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 23/05/2016)

I Torneo Scacorum Activo Xaquedrum 2016

1ª PROBA VALEDERA PARA O IX CIRCUITO GALICIA CENTRAL.

DATA: Sábado, 21 de Maio de 2016.

LOCAL DE XOGO: Centro Xuvenil Lug 2 (sito na R/ Pintor Corredoira – Lugo)

INSCRICIÓNS: De balde os menores de idade e 5 € os maiores de idade valedera para todo o circuito. Ata as 22:00 horas do venres 20/05/2016 enviando un e-mail a escueladeajedrezlalin@gmail.com ou WhatsApp ao 670 599 301, indicando nome compreto; e os menores de idade e veteráns (maiores de 55), ademáis o seu ano de nacemento.

Bases do torneo.

Falece o GM Dragan Paunovic

A Federación Galega de Xadrez e todo o xadrez galego damos o máis sentido pésame a familia, club e amigos do Gran Mestre Dragan Paunovic polo seu falecemento.- DEP.

XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016

Pubrícase os torneo pertencentes ao XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016.

Toda a información, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies