Monthly Archives: Abril 2016

Liga Galega por equipos de Club 2016

O Sábado, 23 de Abril de 2016 tivo lugar a derradeira rolda da Liga Galega por equipos de Club 2016. O equipo Xadrez Ourense “A” proclamouse Campión de División de Honra, a máxima categoría galega. Rematou a liga sin perder ningún encontro, (8 victorias e 2 empates), e acadou 42.5 puntos, o Círculo Ferrolano con 40.5 puntos obtivo a 2ª praza e o terceiro clasificado foi o CXF-Viajes Interrias Sanxenxo que rematou con 40 puntos.

¡¡Dar a noraboa aos os equipos que conseguiron o ascenso de categoría para a tempada 2017!!

Concesión arbitraxe Copa Galicia de Clubs 2016

Rematado onte o prazo de presentación de solicitudes para actuar como árbitro na Copa Galicia de Clubs 2016 que celebrarase no Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela) o 30 de Abril e 01 de Maio de 2016, publícase as solicitudes recibidas e concesión realizada (descargar pdf)

Modificación calendario XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016

Modificación do calendario do XI Circuito Galego de Xadrez Promoción. Dous cambios de datas:
– Noia pasa ao domingo 01 de Maio.
– Miralba para ao sábado 08 de outubro.
So puntuaran na clasificación xeral @s xogadores/as, que no momento de celebración do torneo, estén federados na Federación Galega de Xadrez.

Calendario XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016.

Seminario entrenadores da FIDE

Resultados do Curso FIDE TRAINER celebrado en Padrón do 24 ao 27 de marzo.

http://trainers.fide.com/

Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2016

A FEDA a través da súa circular 13/2016 convoca os Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2016 que terán lugar nos salóns do Best Western Hotel Salobreña.
Establecese un canon de inscrición de 32,00 € para a categoría Sub-08 e de 48,00 € para o resto de categorías. As inscricións deberán formalizarse á FEDA, A TRAVÉS DAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS.

Máis información, aqui.

Campionatos de España de Xadrez Rápido, Categorías Sub-10 a Sub-18 2016

A FEDA a través da súa circular 14/2016 convoca os Campionatos de España de Xadrez Rapido, categorías Sub-10 a Sub-18 2016 que terán lugar nos salóns do Best Western Hotel Salobreña.
INSCRICIÓNS: Os xogadores que participaran no Campionato de Xadrez Tradicional da mesma categoría de idade: 12,50 €. Os xogadores que NON participaran no Campionato de España de Xadrez Tradicional da mesma categoría de idade: 20,00 €.
As inscricións deberán formalizarse á FEDA, A TRAVÉS DAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS.

Máis información, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies