Monthly Archives: Xuño 2016

Campionato de Europa Individual de Xóvenes Sub-08 a Sub-18 2016

A FEDA a través da súa circular 20/2016 convoca o Campionato de Europa Individual de Xóvenes Sub-08 a Sub-18 que terá lugar do 17 ao 28 de Agosto en Praga (República Checa).

Circular FEDA 20/2016.

Anexo I.

Campionatos de España Sub-08 2016

Javier Habans de Navarra e Jin Ye Houan de Murcia son os Campións de España Sub-08 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Alejandro Cereijo da AD Manuel Peleteiro que obtivo o 15º posto con 6 puntos dos 9 posibles.

Toda la infomación, en este enlace.

Campionato de España por Seleccións Autonómicas. Categoría Infantil (Sub-14).

Rematado o domingo, 26 de Xuño de 2016 o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís,Madrid proclamouse Campiona con 12 puntos, seguida de Andalucía e Canarias.

A selección galega obtivo o 8º posto con 6 puntos.

Toda a información do campionato, neste enlace.

Partidas en directo.

 

Seminario Arbitral Padron 2016

DATAS: O 25 e 26 de Xuño de 2016.

HORARIOS: O sábado, 25 de Xuño de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

 O domingo, 26 de Xuño de 10:30 a 13:30 horas.

LUGAR E ALOXAMENTO: Hotel Scala (Pazos – Padrón).

INSCRICIÓNS: Ver convocatoria.

Convocatoria Seminario Arbitral Padron 2016.

VIII Trofeo Distribunosa 2016

O sábado, 18 de Xuño de 2016 tivo lugar o 9º torneo pertencente ao XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016: VIII Trofeo de Promoción Distribunosa, onde participaron preto de 110 xogadores

Máis información do torneo: Sub-08, Sub-10, Sub-12 y Sub-14.

Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 20/06/2016)

VIII TROFEO INTERNACIONAL DISTRIBUNOSA.

Tamén tivo lugar o VIII Trofeo Internacional Distribunosa onde o GM e xogador da Escola Luguesa de Xadrez, David Lariño proclamouse campión con 7 puntos dos 8 posibles.

Toda a información do torneo, neste enlace.

V Torneo xadrez Dani Da Rocha Prol 2016

O Sabado, 11 de Xuño de 2016 no Pavillón Deportivo de Panxón (Nigrán – Pontevedra) tivo lugar o V Torneo xadrez Dani Da Rocha Prol o 8º torneo pertencente ao XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016 onde participaron máis de 150 xogadores.

Clasificacións finais: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub-20.

Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 13/06/2016)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies