Monthly Archives: Maio 2016

II Campionato Galego de xadrez Relámpago 2016

Celebrado o Martes, 17 de Maio de 2016 no Recinto Ferial FEXDEGA de Vilagarcía de Arousa o II Campionato Galego de xadrez relámpago 2016 onde proclamouse Campión Galego o GM e xogador da Escola Luguesa de Xadrez, David Lariño Nieto. O subcampión foi o FM Fernando Sanchez Aller do Xadrez Rianxo e 3º clasificado o FM Antonio Pazos Porta do Circulo Ferrolano. Noraboa!!

Máis información do campionato, neste enlace.

XIV Torneo Santa Rita – Vilagarcia 2016

Onte, Martes 17 de Maio, tivo lugar no recinto ferial de FEXDEGA de Vilagarcía de Arousa o 4º torneo pertencente ao XI Circuito Galego xadrez Promoción 2016: XIV Torneo Santa Rita – Vilagarcía 2016 con máis de 100 xogadores participantes.

Máis información, neste enlace.

Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 18/05/2016)

VI Campionato Galego de Rápidas 2016

O Domingo, 15 de Maio de 2016 no recinto ferial de FEXDEGA tivo lugar o VI Campionato Galego de Rápidas 2016 con máis de 70 xogadores participantes onde o xogador FM do Xadrez Rianxo Fernando Sánchez Aller proclamouse como Campión. O 2º clasificado foi o GM David Lariño Nieto da Escola Luguesa de Xadrez e o 3º clasificado o FM Julio Suarez Gomez do Club Xadrez Fontecarmoa. Noraboa!!

 

 

Máis información do evento, neste enlace.

XVI Torneo de xadrez Concello da Guarda 2016

O Sabado, 14 de Maio de 2016 tivo lugar no Castelo de Santa Cruz – A Guarda o XVI Torneo de xadrez Concello de A Guarda, 3º torneo pertencente ao XI Circuito Galego xadrez Promoción. Máis de 140 participantes reuníronse neste evento.

Clasificacións finais: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.

Clasificacion provisional XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 16/05/2016)

Torneo de Promoción Ortigueira 2016

DATA: 15 de Maio de 2016.

LOCAL DE XOGO: Centro Social de Ortigueira (A Coruña)

INSCRICIÓNS: Cota de 5 €. No e-mail xoanrei@gmail.com ou no móbil 655 796 421.

Bases e inscricións.

 

XXVIII Aberto escolar Peón de Ouro 2016

O pasado fin de semana (07 e 08 de Maio de 2016) tivo lugar o XXVIII Aberto Escolar Peón de Ouro 2016, 2º torneo pertencente ao XI Circuito Galego Xadrez Promoción, onde participaron máis de 130 xogadores.

Clasificacións finais: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Clasificación xeral XI Circuito Galego Xadrez Promoción actualizada.

Tamén tivo lugar o VI Aberto “Hotel CEMAR” para pais e nais 2016 con 29 xogadores participantes.

Máis información, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies