Daily Archives: 18 de Agosto de 2016

IX Torneo Concello da Laracha

6º torneo pertecente ao I Circuito Intercomarcal xadrez activo Deputación Da Coruña

DATA: Sabado, 20 de Agosto de 2016.

LOCAL DE XOGO: Casa da Cultura da Laracha (sito na Rúa Manuel Murguía, Nº 15).

INSCRICIÓNS: Xeral 5 €, Sub-16 3 €, exentos GM-MI. Pódense realizar no e-mail pokeryajedrez@gmail.com ou no móbil 617 234 393 ata o venres 19 de Agosto de 2016.

Bases do torneo.

IV Torneo Internacional de Xadrez “Cidade de Pontevedra”

O MI Camilo E. Gomez Garrido proclamouse campión do IV Torneo Internacional de Xadrez “Cidade de Pontevedra”.

Máis información, neste enlace.

Campionato de España Absoluto e Feminino, Xadrez Rápido e Xadrez Relámpago 2016

CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO E FEMININO 2016.

Francisco Vallejo Pons proclamouse Campión de España Absoluto con 7,5 puntos mentras que Ana Matnadze proclamouse Campiona de España Feminina con 6,5 puntos. O Campionato de España Absoluto e Feminino celebrouse en Linares durante os días 5 e 13 de agosto e contou con 155 participantes. O podio absoluto completouse con David Antón Guijarro como subcampión e con Alvar Alonso Rosell como tercer clasificado. No podio feminino, Sabrina Vega Gutiérrez facíase có subcampionato mentras que Eihartze Buiza Prieto finalizaba na terceira posición.

Enlace a Info64.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XADREZ RÁPIDO 2016.

Alvar Alonso Rosell proclamouse Campión de España de Xadrez Rápido con 7,5 puntos. Na clasificación feminina, Ana Matnadze finalizou en primeira posición ocupando o octavo puesto na clasificación absoluta con 6,5 puntos. A clasificación absoluta completouna Miguel Muñoz como segundo clasificado e David Antón Guijarro como tercer clasificado, ambos con 7 puntos.

Enlace a Info64.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XADREZ RELÁMPAGO 2016.

O Campionato de España de Xadrez Relámpago concluíu o pasado luns 15 de Agosto con 134 participantes. Marc Narciso Dublan proclamouse campión con 8,5 puntos de 9 posibles. Alvar Alonso Rosell finalizou segundo con 8 puntos mentras que con 7 puntos Hipolito Asis Gargatagli acabou o torneo no tercer posto. Ana Matnadze, con 6 puntos, ocupou o primer posto na clasificación feminina.

Enlace a Info64.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies