Monthly Archives: Novembro 2016

I Clinic de Xadrez 2016

A Escola Luguesa de Xadrez en colaboración cá Exma. Deputación de Lugo e en colaboración có Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e o diario El Progreso; levarán a cabo o I Clinic de Xadrez, impartido polo GM Adrian Mikhalchisin.

O Clinic celebrarase no Centro Xuvenil Lug2 durante o fin de semana do 25 ao 27 de Novembro de 2016.

Pódese inscribir ata o xoves, 24 de Novembro de 2016, tendo un coste de 70 € para os xogadores federados na Escola Luguesa, 80 € para os xogadores federados en algún club da provincia de Lugo e 90 € para os xogadores federados en xeral. Prazas limitadas. Inscricións no e-mail xaquedrum@gmail.com ou no teléfono 657 974 937.

Máis información, descargar pdf.

Convocatoria organización Campionatos Provinciais 2017.

A Federación Galega de Xadrez convoca a organización dos Campionatos Provinciais 2017.

A data límite de solicitude de organización é ata o 30 de Novembro de 2016 no e-mail fegaxa@fegaxa.org adxuntando a solicitude correctamente cumprimentada.

Solicitude de organización (descargar formato pdf ou descargar formato excell).

VII Torneo Cidade de Lugo

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.

DATAS: Do 18 ao 20 de Novembro de 2016.

LOCAL DE XOGO: Lug2 sito na Rúa Pintor Corredoira, Nº 4 – 27002 Lugo. .

INSCRICIÓNS: no email  xaquedrum@gmail.comPrezo inscrición: Ata o martes 14 de novembro  20 €, do 15 de novembro ata o vernes 18 ás 14 horas 25€. Data límite de inscrición: 18 de novembro ás 14 horas.

            Bases do torneo.

VI Torneo Sub-2200

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.

Datas: 12 e 13 de Novembro de 2016.

Local de xogo: Centro Cívico de Ortigueira (A Coruña)

Inscricións:  7 euros, Sub 16 5€. Inscricións no email xoanrei@gmail.com, Tfne 655 796 421.

Bases e inscricións.

Clausura XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016

O Sábado, 05 de Novembro de 2016 rematado o X Open Xadrez Mc Donalds, tivo lugar a clausura e entrega de premios do XI Circuito Galego de Xadrez Promoción.

Na categoría Sub-08: o xogador da AD Manuel Peleteiro, Alejandro Cereijo Suarez, proclamouse campión do Circuito; a xogadora, tamén da AD Manuel Peleteiro, Nerea Cereijo Suarez, proclamose 1ª clasificada feminina; Iago Fernandez Ramos (Xadrez Bretema) foi o Subcampión; e Brais Moreira Novo (EXP) o 3º clasificado.

Na categoría Sub-10: o xogador do Circulo Chantadino, Xabier Perez Ochandategui, proclamouse campión do Circuito; a xogadora, do Xadrez Fontecarmoa, Paula Suarez Gomez, proclamose 1ª clasificada feminina; Raul Seoane Castilla (Circulo Ferrolano) foi o Subcampión; e Javier Caudet Soto (Ajedrez Lucena) o 3º clasificado.

Na categoría Sub-12: o xogador do Xadrez Fontecarmoa, Andres Rodriguez Ferreiros, proclamouse campión do Circuito; a xogadora, da Escola Luguesa, Marta Quintas Fernandez, proclamose 1ª clasificada feminina; Cesar Perez Dapoza (Casa da Xuventude) foi o Subcampión; e Marcos Vazquez Gomez (Xadrez Ourense) o 3º clasificado.

Na categoría Sub-14: o xogador do Xadrez Ourense, Martin Gomez Carreño, proclamouse campión do Circuito; a xogadora, do Xadrez Marin, Paula Garcia Alvarez, proclamose 1ª clasificada feminina; Jorge Mendez Rial (Ajedrez Padron) foi o Subcampión; e Mateo Diaz Gomez (Xadrez Ourense) o 3º clasificado.

Noraboa a tod@s!!

Clasificacion final XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016 (actualizada 07/11/2016)

X Open McDonalds – Vilagarcía 2016

O Sábado, 05 de Novembro de 2016 tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa o 18º e último torneo pertencente ao XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016: X Open Mc Donalds con preto de 200 xogadores participantes.

Máis información do torneo: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta ou na páxina do Club Xadrez Fontecarmoa.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies