Liga Galega por equipos de Club 2024
O sábado 27 de Abril de 2024 tivo lugar a novena rolda da Liga Galega por equipos de Club 2024.
Na División de Honra (máxima categoría Galega) o equipo Club Deportivo Xadrez Ourense A sitúase provisionalmente na primeira posición con 39,5 puntos, ségueno o Xadrez Estratexia Pola Paz con 35 puntos e o CXF-Viajes Interrias Sanxenxo con 34,5 puntos.