I Xornadas Internacionais con G.M. Ourensán, Iván Salgado

A partir  das 12:00 horas do venres 15 de Xuño arrancan estas primeiras xornadas internacionais de xadrez co vixente campión de España, o G.M. Ourensán Iván Salgado López.

Esta actividade, promovida polo Club Deportivo Xadrez Ourense, coa estreita colaboración da Federación Galega de Xadrez e o impulso da Secretaría Xeral para o Deporte e do Consello Municipal de Deportes de Ourense, incluirá un diverso programa de actividades, entre os que destaca a conferencia “Campión de España, de Alevín a Senior” do Venres ás17:00, a Exhibición de Simultáneas do Sábado ás 12:00, o Match Internacional entre Galicia e Portugal programado para o Sábado ás 17:00 horas, e incluso un Torneo de Blitz (3+2) con importantes premios, e no que xa está confirmada a participación do vixente campeón de España.

Ver Programación Completa  “I Xornadas con G.M. Iván Salgado”, (Conferencia, Simultáneas, Match…)

Ver Bases, inscrición e premios ( Torneo de Blitz do Domingo 17 de Xuño )

IV Torneo Xadrez e Natureza.

Data: Domingo, 17 de Xuño de 2018.

Local de xogo: Parque Forestal “A Fraga do Rei” – Cristiñade (Ponteareas).

Bases e inscricións.

I Open Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.

Data: 09 de Xuño de 2018.

Local de xogo: Feria Internacional de Galicia – Restaurante principal.

Bases do torneo.

Inscricións neste enlace.

X Copa Maristas Galicia de Xadrez Escolar

O pasado sabado, 02 de Xuño de 2018, tivo lugar o 7º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: X Copa Maristas Galicia de Xadrez Escolar onde preto de 240 xogadores participaron nas diferentes categorías.

Máis información, neste enlace.

Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 04/06/2018).

IX Pontexadrez

O Sabado, 26 de Maio de 2018 déronse cita na Praza de España de Pontevedra preto de 170 xogadores no 6º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: IX PonteXadrez.

Máis información, neste enlace.

Enlaces Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.

Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 28/05/2018).

Copa Galicia por equipos de Club 2018

COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA CADETE 2018

O Sabado, 26 de Maio de 2018 no Sporting Club Casino de A Coruña tivo lugar a Copa Galicia, categoría Cadete onde o equipo Xadrez Ourense proclamouse campión 2018. O subcampión e 3º clasificado foron os equipos do Xadrez Fontecarmoa, CXF-Mc Donalds e CXF-Casa da Xuventude respectivamente.

Enlace Info64.

COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA ABSOLUTA 2018

O Domingo, 27 de Maio de 2018 no Sporting Club Casino de A Coruña tivo lugar a Copa Galicia, categoría Absoluta onde o equipo Padrón proclamouse campión 2018. O subcampión foi Rianxo e 3º clasificado CXF-Interrias Sanxenxo.

Enlace Info64.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies