Monthly Archives: Agosto 2016

Campionato de España Absoluto e Feminino, Xadrez Rápido e Xadrez Relámpago 2016

CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO E FEMININO 2016.

Francisco Vallejo Pons proclamouse Campión de España Absoluto con 7,5 puntos mentras que Ana Matnadze proclamouse Campiona de España Feminina con 6,5 puntos. O Campionato de España Absoluto e Feminino celebrouse en Linares durante os días 5 e 13 de agosto e contou con 155 participantes. O podio absoluto completouse con David Antón Guijarro como subcampión e con Alvar Alonso Rosell como tercer clasificado. No podio feminino, Sabrina Vega Gutiérrez facíase có subcampionato mentras que Eihartze Buiza Prieto finalizaba na terceira posición.

Enlace a Info64.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XADREZ RÁPIDO 2016.

Alvar Alonso Rosell proclamouse Campión de España de Xadrez Rápido con 7,5 puntos. Na clasificación feminina, Ana Matnadze finalizou en primeira posición ocupando o octavo puesto na clasificación absoluta con 6,5 puntos. A clasificación absoluta completouna Miguel Muñoz como segundo clasificado e David Antón Guijarro como tercer clasificado, ambos con 7 puntos.

Enlace a Info64.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XADREZ RELÁMPAGO 2016.

O Campionato de España de Xadrez Relámpago concluíu o pasado luns 15 de Agosto con 134 participantes. Marc Narciso Dublan proclamouse campión con 8,5 puntos de 9 posibles. Alvar Alonso Rosell finalizou segundo con 8 puntos mentras que con 7 puntos Hipolito Asis Gargatagli acabou o torneo no tercer posto. Ana Matnadze, con 6 puntos, ocupou o primer posto na clasificación feminina.

Enlace a Info64.

XXXII Aberto Internacional Albariño 2016

O MI Ernerto Fernandez Romero proclamouse campión no XXXII Aberto Internacional Albariño 2016 (4º torneo pertencente ao XXIX CIRCUITO GALEGO INTERNACIONAL DE XADREZ.) que rematou o pasado martes, 09 de Agosto de 2016.

Bases do torneo.

Cartel do torneo.

Libro informativo XXXII Aberto Internacional Albariño 2016.

Máis información do torneo, neste enlace.

Clasificación xeral provisional do XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016 (actualizada 12/08/2016).

Campionato de España Sub-18

O xogador FM Julio Suarez, do Club Xadrez Fontecarmoa, proclamouse Campión de España Sub-18 de xadrez e de xadrez rápido. O tamén xogador FM Alberto Portela, da Escola Xadrez Pontevedra, quedou 3º con 7 puntos dos 9 posibles no Campionato de España Sub-18 de xadrez.

Máis información: Campionato de España Sub-18 xadrez lento e Campionato de España Sub-18 de xadrez rápido.

I Maraton Nocturno de Xadrez 2016

DATAS: 09 e 10 de Agosto de 2016.

LOCAL DE XOGO:

Martes, 09/08/2016 na Praza do Concello de Cambados.

Mércores, 10/08/2016 na Praza de Arriba de O Grove.

INSCRICIÓNS:

Club de Ajedrez Albariño (Marco A. Costa Fuentes): 660 687 883 ou no e-mail: macostafuentes@yahoo.es

EXO Grove. Escola de Xadrez El Grove (Cristobal Barral): 680 488 866 ou no e-mail: cristobalbr9@yahoo.es

Bases e inscricións.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies