Monthly Archives: Outubro 2018

Torneo Promoción Santiago 2018

O Sabado tivo lugar o derradeiro torneo do XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: Torneo Promoción Santiago 2018 con preto de 100 xogadores.

Enlaces a Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Clasificación final XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 29/10/2018).

Campionato do Mundo Sub-14 a Sub-18 2018

Desde o Sabado 20 ata o Martes 30 de Outubro de 2018 está tendo lugar en Halkidiki (Grecia) o Campionato do Mundo Sub-14 a Sub-18 con dous xogadores galegos participantes: Pablo Lopez Varela (Escola Luguesa) e Mireya Represa Perez (Xadrez Laroca).

Paxina oficial do Campionato, neste enlace.

Campionato do Mundo Individual de Xovenes Sub-08, Sub-10 e Sub-12

Xa están pubricados os xogadores que participarán no Campionato do Mundo Individual de Xovenes Sub-08, Sub-10 e Sub-12 do 04 ao 15 de Novembro de 2018 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Sub-08 OpenSub-08 FemininoSub-10 OpenSub-10 FemininoSub-12 OpenSub-12 Feminino

Torneos Varios

1.- VII Memorial Pepiño Rodriguez.

Torneo valedeiro para Elo Fide.

Data: Sábado, 27 de Outubro de 2018.

Local de xogo: Casa do Xadrez Ferrolán sito no Centro Comercial Portanova de Ferrol (A Coruña).

Bases do torneo.

2.- I Torneo CIOR Galicia.

Torneo valedeiro para Elo Fide.

Data: Sábado, 27 de Outubro de 2018.

Local de xogo: Centro do Viño da Ribeira Sacra sito na Rúa do Comercio, Nº 6 – Monforte de Lemos (Lugo)

Bases do torneo.

III Torneo de Xadrez Escolar Colexio Los Sauces

O Sábado, 20 de Outubro tivo lugar o 17º e penúltimo torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018, no Colexio Los Sauces de Pontevedra con preto de 100 xogadores participantes.

Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 22/10/2018).

Máis información, nestos enlaces: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Santiago será a capital mundial do xadrez infantil

Onte tivo lugar a presentación do Mundial de Xadrez, categoría Cadete na Cidade da Cultura de Galicia cá presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, e os presidentes das Federacións Española e Galega de xadrez, Javier Ochoa Echangüen e Gaspar Pérez Carnero.

A Cidade da Cultura encherase de reis, raíñas, peóns e alfiles, grazas ao Mundial de Xadrez Cadete que celebrarase entre o 3 e o 16 de Novembro. 800 xogadores de entre 8 e 12 anos mediranse nesta competición na que se darán cita chavales de 80 países e dos 5 continentes. Serán 13 días nos que poderemos seguir, vía streaming, unhas 100 partidas en directo e nas que están previstas actividades paralelas como cursos de adestradores, excursións e talleres de xadrez escolar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies