Subvencións a entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte 2023

Hoxe, venres 21 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN DEFINITIVA das subvencións a entidades deportivas  do procedemento PR945C (liña I:desenvolvemento de actividade deportiva; liña II: nucleos de adestramento deportivo especializado)

O prazo para solicitar o pagamento comezará mañá sábado 22 de xullo e rematará o 21 de agosto.

Recoméndase ler a “GUÍA” que está dispoñible xunto coa Resolución de beneficiarios no seguinte enlace.

Campionato de España Sub-12 e Sub -12 Xadrez Rápido 2023

O sábado 15 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 lentas no  Hotel Salobreña Suites (Granada), Pau Marín Ferragut (Baleares) e Ekaterina Kozlova (Canarias) proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Sub 12.

O xogador Galego mellor clasificado foi Diego Ibañes Cruces (Club de Ajedrez Lucena) no posto 44 con  5,5 puntos.

Enlace Info64

Onte tivo  lugar  a clausura e entrega de premios  do Campionato de España Sub-12 de Xadrez Rápido 2023 no Hotel Salobreña Suites (Granada), no que o xogador Daniel Odriozola Coscolin do País Vasco proclamouse Campión empatando con 7,5 puntos co  2º Clasificado o xogador Galego Diego Ibañez Cruces (Club de Ajedrez Lucena). A xogadora  Adriana García Rodríguez de Canarias  foi a primeira clasificada feminina.

Enlace Info64

 

¡Parabéns!

Calendario Deportivo 2023 de la FEDA

A Federación Española de Xadrez publica a circular 13/2023 coa  actualización do  Calendario Deportivo 2023 aprobado pola Comision Delegada o  10 de xullo de 2023.

Podese consultar no seguinte enlace.

Comunicado 05/2023 Comité Técnico de Árbitros: Oferta de Arbitraxe Campionatos de España 2023

A Federación Española de Xadrez na súa circular 05/2023 Convoca  as ofertas de arbitraxes para os campionatos  de España do 2023.

Podese consultar no  seguiente enlace.

Campionato de España Sub-10 e Sub 10 Xadrez Rápido 2023

O sábado 08 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de lentas, onde o xogador Mateo Mendoza Barcia (Aragón)  proclamouse Campión de España e a xogadora Beatriz Pardo Ruiz (Comunidad Valenciana) Campiona Feminina de España.

O xogador Galego mellor clasificado foi David Alvarez Gonzalez (Ajedrez Lucena) no posto 14 con 6 puntos.

Enlace Info64 lentas

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de Xadrez Rápido, Sebastián Fuentes de Nova de Castilla La Mancha e Beatriz Pardo Ruiz da Comunidade Valenciana proclamaronse Campións de España por Idades de Xadrez Rápido 2023.

O xogador Galego mellor clasificado foi Javier Lema Fernandez (Ajedrez Padrón) no posto 8 con 6.5 puntos.

Enlace Info64 rápidas

 

¡Parabéns!

Campionato de España Sub-08 2023

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-08 de lentas, onde o xogador galego  Mateo Rey Barciela (Ajedrez Lucena)  quedou como 3º clasificado e Mar Rodriguez Collazo (TDFC) Subcampiona feminina.

Enlace Info64

Retransmisión en directo

 

¡Parabéns!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies