Campionato de España Sub-10 e Sub 10 Xadrez Rápido 2023

O sábado 08 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de lentas, onde o xogador Mateo Mendoza Barcia (Aragón)  proclamouse Campión de España e a xogadora Beatriz Pardo Ruiz (Comunidad Valenciana) Campiona Feminina de España.

O xogador Galego mellor clasificado foi David Alvarez Gonzalez (Ajedrez Lucena) no posto 14 con 6 puntos.

Enlace Info64 lentas

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de Xadrez Rápido, Sebastián Fuentes de Nova de Castilla La Mancha e Beatriz Pardo Ruiz da Comunidade Valenciana proclamaronse Campións de España por Idades de Xadrez Rápido 2023.

O xogador Galego mellor clasificado foi Javier Lema Fernandez (Ajedrez Padrón) no posto 8 con 6.5 puntos.

Enlace Info64 rápidas

 

¡Parabéns!

Campionato de España Sub-08 2023

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-08 de lentas, onde o xogador galego  Mateo Rey Barciela (Ajedrez Lucena)  quedou como 3º clasificado e Mar Rodriguez Collazo (TDFC) Subcampiona feminina.

Enlace Info64

Retransmisión en directo

 

¡Parabéns!

IX Torneo Internacional de Xadrez Campus de Ourense

 

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 1º Torneo pertencente ao XXXIV Circuito Galego Internacional de Xadrez 2023: o IX Campus de Ourense, onde o IM  Roberto Carlos Gomez Ledo  proclamouse campión e o GM Arian Gonzalez Perez quedou 2º clasificado cós mesmos puntos.

Máis información do torneo, aquí.

Enlace Info64

Clasificacion Provisional XXXIV Circuito Galego de Xadrez

IX Masterchess Centro Comercial Arousa 2023

O sábado 01 de Xullo de 2023 tivo lugar o V TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023,  IX Masterchess Centro Comercial Arousa 2023, con preto de 100 xogadores participantes.

Enlaces a Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xarez Promoción 2023 (actualizado o 05/07/2023).

Horario de Verán 2023

A Federación Galega de Xadrez da comezo o horario de Verán dende hoxe día 26 de Xuño ata o 22 de Setembro de 2023:

De Luns a Venres: de 10:00 a 14:00 horas.

Tardes pechadas.

Campionato de España por Seleccións Autonómicas 2023

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios nas instalacións do Palacio de Congresos de Albacete do Campionato de España  por Seleccións Autonómicas, categorías: Infantil (Sub14)  e Cadete (Sub 16).

A Selección Cadete obtivo o 5º posto con 8 puntos empatando co  3º e  4º clasificado.

Enlace Info 64  Categoría Infantil.

Enlace Info64 Categoría Cadete.

Retransmisión en directo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies