Campionatos Galegos Individuais 2025
X Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2025.
O sábado, 31 de Maio tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos de Xadrez Lóstrego 2025.
Artai Bringas Gómez (Xadrez Benchoshey) proclamouse Campión Galego de Xadrez Lóstrego con 8,0 puntos, Rubén Fernández López (EX Pontevedra) foi o subcampión Galego e Diego Cacheiro Blanco (SC USC) o 3º clasificado.
XIV Campionato Galego de Rápidas 2025:
O domingo, 01 de Xuño tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos de Rápidas 2025.
David García Sobrino (EX Pontevedra) proclamouse Campión Galego de Rápidas con 8,0 puntos, Diego Cacheiro Blanco (SC USC) foi o subcampión Galego e Jose Antonio Sande Edreira ( CX Alexandre Bóveda) o 3º clasificado.














