Xefega
Lembramos que desde o 03/10/2025, o programa Xefega está fora de servicio, estamos a preparar a tempada 2026.
Se algún Club quere federar algún xogador, pregase que se poñan en contacto coa Federación no e-mail fegaxa@fegaxa.org.
Disculpen as molestias.
IX Torneo de Xadrez Pizza Móvil – Concello da Pobra
O Domingo, 5 de Outubro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 11º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: IX Torneo de Xadrez Pizza Móvil, coa participación de 55 xogadores.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025.
Campionato de España Individual de Xadrez Inclusivo 2025
O domingo 28 de setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do II Campionato de España de Xadrez Inclusivo con el triunfo del M.F. aragonés Antonio Hernando con 6,5 puntos.
Na categoría feminina de categoría A repite título a madrileña Noemí Martínez, seguida pola galega Lucía Lopez Fraga (Círculo Ferrolano). O xogador da Escola Xadrez Pontevedra David Fernández Lago obtivo o 6º posto con 5 puntos.
Parabéns a todo os participantes.
XXXI Memorial Adolfo Pedrido 2025
O Sábado, 27 de Setembro iuvo lugar a clausura e entrega de premios do 10º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: XXXI Memorial Adolfo Pedrido, coa participación de 83 xogadores.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025.
O Sábado, 27 de Setembro de 2025 no Recinto Ferial Fexdega (Vilagarcía de Arousa) tivo luga o 14º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: XXXI Memorial Adolfo Pedrido.
O GM Ibragim S. Khamrakulov proclamouse campión con 7 puntos, o FM SMiguel Senlle Caride foi subcampión e o xogador Xulio Del Prado Rodriguez foi o 3º clasificado.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Gallego de Ajedrez 2025.
Campionato de España de Xadrez Rápido por Equipos de Club 2025
O Sábado 20 de Setembro de 2025 tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Rápido por Equipos de Club 2025 nos salóns do Restaurante Mandala (Zafra-Badajoz) o C.A. Silla Integrant Col-lectius da Federación de Xadrez da Comunidade Valenciana proclamouse Campión de España por Equipos de Xadrez Rápido 2025.
Dos equipos Galegos o Xadrez Ourense obtivo o 4º posto con 11 puntos, o equipo Escola Luguesa de xadrez A obtivo o 7º con 10 puntos e o Escola Luguesa de xadrez B o posto 23º con 6 puntos.
Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2025/2026
A Federación Galega de Xadrez a través da súa circular 05/2025 publica as xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2025/2026.
Pódese consultar no seguinte enlace.
Prazo de inscrición rematado.














